Resumo | RC Celta v Levante UD

Derrota celeste en ABANCA Balaídos. O RC Celta caeu fronte ao Levante UD por 1-4 nun choque no que os visitantes foron moito máis efectivos. Brais Méndez anotou o tanto vigués desde o punto de penalti nos minutos finais do encontro.

Brais Méndez: «Imos ir a morte cada partido»

O canteirán celeste Brais Méndez, autor do único gol celeste ante o Levante, analiza a derrota por 1-4 ante o cadro valenciano na zona mixta de Abanca Balaídos.

García Cota analiza a lesión de Iago Aspas

O dianteiro celeste Iago Aspas sofre unha lesión muscular. O Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, analiza a situación do xogador galego.

A canteira exhibe o seu músculo no primeiro equipo do RC Celta

A canteira continúa sendo o motor do RC Celta. No primeiro plantel hai sete xogadores formados na Madroa que acumulan ao redor de 8.000 minutos no que vai de LaLiga. A súa habitual presenza nas aliñacións converten ao conxunto celeste nun dos equipos con maior porcentaxe de minutos xogados polos seus canteiráns nas principais ligas europeas. … Continuación

Fran Beltrán: «Imos todos a unha»

O centrocampista celeste Fran Beltrán comparece en sala de prensa antes da cita ligueira en Mendizorroza ante o Alavés (sábado 23, 18:30, beIN Sports LaLiga).

O Dr. Cota repasa a situación dos lesionados Iago Aspas e Kevin

O galeno Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, acudiu este xoves á sala de prensa da Madroa para detallar o tratamento específico con factores de crecemento que iniciou o dianteiro Iago Aspas e co que se espera acelerar o proceso de rexeneración da zona danada. Cota mostrouse cauto á hora … Continuación

Deportivo Alavés – RC Celta: plan de viaxe

O primeiro equipo desprázase a Vitoria para disputar a vixésimo quinta xornada de LaLiga ante o Deportivo Alavés o sábado 23 de febreiro ás 18:30 horas no Estadio de Mendizorroza (beIN Sports LaLiga). Viernes 22 de febrero 19:30 – Saída do aeroporto de Vigo con destino Vitoria. 20:35 – Chegada ao aeroporto de Vitoria e … Continuación

Miguel Cardoso: «Temos unha enerxía moi forte para cambiar a situación»

Baixas: ademais das situacións de Iago e Kevin, o resto están dispoñibles. Apoio do vestiario: é algo que non sei. O que teño claro é que somos un grupo de traballo (corpo técnico, equipo médico, xogadores e todo o persoal) que está moi unido. Resultados: para chegar onde queremos hai que conseguir resultados e buscar … Continuación

Alavés – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo quinta xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Deportivo Alavés (sábado, 18:30, Mendizorroza). A lista completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Olaza, Hjulsager Juncà, … Continuación

Un sólido RC Celta consegue un punto en Vitoria (0-0)

O RC Celta tirou de solidez en Vitoria para conseguir un punto a domicilio ante o Deportivo Alavés (0-0). Os de Miguel Cardoso fixeron un gran partido a nivel defensivo e gozaron de ocasións durante os 90 minutos. Foi unha primeira parte marcada pola igualdade sobre o terreo de xogo. O RC Celta levou máis … Continuación