Á venda desde 10 euros as entradas para o transcendental partido ante o Levante

O fútbol regresa a ABANCA Balaídos este sábado ás 13.00 horas. O equipo celeste recibe ao Levante UD con prezos que oscilan entre os 10 e os 40 euros. É un encontro moi importante para o RC Celta, que necesita conseguir o tres puntos para escalar posicións na clasificación de LaLiga. O apoio da afección será clave … Continuación

Lucas Olaza: «Cando souben do interese do RC Celta, non o dubidei»

O lateral zurdo Lucas Olaza, xogador do Celta B durante a 15/16, volve a Vigo cedido por Boca Juniors até final de tempada. O uruguaio repasa con Celta Media os últimos pasos da súa carreira profesional, o seu crecemento como futbolista e as súas impresións ao regresar ao RC Celta e competir nunha das mellores … Continuación

O RC Celta, entre os equipos de LaLiga con máis minutos de xogo efectivos

O RC Celta aposta pola posesión de balón. A UEFA fixo público un estudo no que analiza o tempo real de partido que se xoga en cada unha das grandes ligas europeas e na propia Champions League. Así, en LaLiga o conxunto celeste sitúase como o quinto equipo con máis tempo de xogo efectivo con 28 minutos de … Continuación

Rubén Blanco: «Temos ganas de xogar ante a nosa afección»

O porteiro celeste Rubén Blanco repasa a actualidade do RC Celta ante os medios de comunicación antes do importante partido de LaLiga ante o Levante en Abanca Balaídos (sábado 16 de febrero, 13:00 CET).

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de xaneiro

Esta mañá entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O porteiro celeste obtivo o 65% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Néstor Araujo cun 25% dos votos e … Continuación

Miguel Cardoso: «O equipo ten ganas de facelo moi ben»

Iago Aspas e Hugo Mallo: teñen algunhas molestias, pero a ver a que nivel para saber se están dispoñibles. Non existe o optimismo, senón medicamento. Se o doutor di que están dispoñibles seguro que irán. Baixas na dianteira: adestramos distintos escenarios, con Iago, sen el, con Manolito Apeh, con outros xogadores... Temos moi clara as … Continuación

RC Celta – Levante UD: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo cuarta xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Levante UD (sábado, 13:00, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay Yokuslu, Fran Beltrán, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, Juncà, Jensen, … Continuación

Xuntos somos máis fortes

Xornada clave para o RC Celta. Este sábado recibe a un Levante situado tres puntos por encima, décimo cuarto na táboa. Xornada clave na que os rivais directos do equipo de Miguel Cardoso afrontan partidos de máxima dificultade. A afección celeste non só é consciente da importancia de gañar o encontro ante o Levante, tamén … Continuación

O Levante UD imponse ao RC Celta en ABANCA Balaídos (1-4)

O RC Celta perdeu en ABANCA Balaídos ante o Levante UD (1-4) nun partido no que os azulgranas tiveron moita máis efectividade na área rival. Os de Miguel Cardoso anotaron de penalti grazas a un bo lanzamento de Brais Méndez. Comezou o encontro cun RC Celta facéndose coa posesión de balón e buscando a portaría … Continuación

Miguel Cardoso: «Os erros en LaLiga páganse»

O adestrador do RC Celta Miguel Cardoso destacou a "forza" e "entrega" dos xogadores do equipo vigués na derrota ante o Levante UD. "Na primeira metade non nos foi sinxelo porque o Levante fíxonos unha presión moi alta e a natureza dos nosos xogadores non nos facilita xogar con profundidade. Na segunda parte o partido … Continuación