Róbert Mazáň xogará cedido no Venezia FC ata final de tempada

Róbert Mazáň xogará cedido ata final da presente tempada no Venezia FC tralo acordo alcanzado entre o RC Celta e o club italiano. O RC Celta desexa a Mazáň  toda a sorte e o maior dos éxitos durante a súa etapa no equipo da Serie B de Italia.

O RC Celta completa a súa defensa co lateral Lucas Olaza

O costado esquerdo da defensa do RC Celta empápase de forza, potencia e solidez, calidades dun xogador xa coñecido pola afección celeste. O lateral uruguaio Lucas Olaza retorna a Vigo cedido con opción de compra por Boca Juniors, conxunto co que disputou recentemente, como titular, a final da Copa Libertadores ante River Plate. Lucas Olaza … Continuación

O RC Celta perfecciona o seu ataque cos goles e a calidade de Ryad Boudebouz

O ataque do RC Celta recibe un aluvión de calidade coa incorporación do talentoso mediapunta Ryad Boudebouz. O xogador alxerino chega a Vigo cedido con opción de compra polo Real Betis Balompié, club no que militou durante a última tempada e media. Ryad Boudebouz (Colmar, 19 de febreiro de 1990) é un polivalente centrocampista ofensivo, … Continuación

Roncaglia xogará cedido no Valencia CF ata final de tempada

Facundo Roncaglia xogará cedido na Valencia CF ata final da presente tempada despois do acordo alcanzado entre o Real Club Celta e o conxunto valenciano. O Real Club Celta desexa a Roncaglia toda a sorte e o maior dos éxitos durante a súa etapa no equipo de LaLiga.

David Costas recibe a alta médica

Boas noticias na enfermería do RC Celta. O defensa David Costas, lesionado o pasado 5 de xaneiro durante un adestramento en A Madroa, recibiu este venres a alta médica tras completar a sesión co grupo. O canteirán celeste estará a disposición do adestrador Miguel Cardoso para o vital partido contra a Sevilla FC. No parte … Continuación

RC Celta – Sevilla FC: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Miguel Cardoso, convocou a dezaoito xogadores para o partido da vixésimo segunda xornada de LaLiga, naa que o RC Celta recibe ao Sevilla FC (sábado, 20:45, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Pione Sisto, Rubén, Lobotka, Juncà, Boufal, Kevin, Jozabed, … Continuación

Miguel Cardoso: «Teño a certeza de que imos competir moi ben»

Convocatoria: non están Iván Villar, Radoja, Emre Mor, Olaza, Jensen, Iago Aspas, Hoedt e Hjulsager. Palabras do presidente: escoito con atención a actualidade do club, pero creo que o importante é que estamos moi unidos. Fixemos unha semana moi boa de adestramentos. O final do mercado tamén nos dá tranquilidade para o futuro. Equipo: creo moito nos … Continuación

O RC Celta repartirá case 500 bandeiras para recibir ao primeiro equipo

O RC Celta repartirá este sábado preto de 500 bandeiras na tenda de ABANCA Balaídos de cara ao recibimento organizado pola Federación de Peñas do RC Celta para o primeiro equipo. Os afeccionados poderán recollelas entre as 17.00 e as 19.00 horas presentando o seu abono ou entrada correspondente. As enseñas, conmemorativas do 95 aniversario … Continuación

Match Centre | RC Celta v Sevilla FC

  var widgetRF_1549129928638=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1549129928638″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103844&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

Sacrificio e puntería para vencer ao Sevilla FC (1-0)

O RC Celta conseguiu unha importantísima vitoria ante o Sevilla FC (1-0) grazas un gol de Okay Yokuslu. Os de Miguel Cardoso realizaron un notable partido en defensa e aproveitaron unha das escasas ocasións que concederon os andaluces para deixar o tres puntos en ABANCA Balaídos. A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos … Continuación