Nova derrota celeste. O Valencia CF remontou no segundo tempo o tanto inicial do mexicano Néstor Araujo (1-2). O próximo domingo ás 12:00, a dalo TODO en Valladolid para regresar á senda do triunfo!
Jozabed Sánchez alcanzou este sábado ante o Valencia CF os 50 partidos en Primeira División co RC Celta. O centrocampista sevillano chegou ao club en xaneiro de 2016 e desde entón suma dous goles e seis asistencias en LaLiga.
A defensa do RC Celta recibe un impulso de calidade e solidez coa incorporación de Wesley Hoedt, defensa central de 1.92 metros de altura procedente do Southampton FC que chega cedido, con opción de compra a final de tempada, ao equipo vigués. Hoedt (Alkmaar, 6 de marzo de 1994) é un defensor zurdo que atesoura … Continuación
O RC Celta presentou este martes no Salón Regio de A Sede á súa última incorporación para o primeiro equipo, o defensa central Wesley Hoedt. O futbolista neerlandés estivo acompañado na súa posta de longo como celste polo vicepresidente Pedro Posada e o director deportivo Felipe Miñambres. Wesley Hoedt, cedido até final de tempada … Continuación
LaLiga comunicou a modificación do horario do partido entre RC Celta e Sevilla FC correspondente á xornada 22 de LaLiga. Os celestes recibirán ao equipo andaluz en ABANCA Balaídos o sábado 2 de febreiro ás 20:45 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo. O encontro fora programado inicialmente para o domingo ás … Continuación
Hoedt: é un xogador alto, domina o xogo aéreo e ten unha boa saída de balón. É un futbolista que ten unhas características diferentes ás que tiñamos e que se pode complementar moi ben cos centrais do persoal. Mercado de fichaxes: gustaríame que tivésemos unha ou dúas entradas máis e para iso necesitamos que saian … Continuación
Okay Yokuslu recolleu este xoves o premio Xogador Estrella Galicia co que a afección lle recoñece como o mellor futbolista celeste do mes de decembro. O centrocampista turco estreouse como goleador na victoria do RC Celta en Villarreal e tivo actuacións moi destacadas ante a SD Huesca, o CD Leganés e o FC Barcelona. "Quero … Continuación
LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 24 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Levante UD. Os celestes recibirán ao equipo valenciano en ABANCA Balaídos o domingo 16 de febreiro ás 13:00 horas e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.