Lista de convocados do RC Celta para o Memorial Quinocho ante o Al Shabab

O adestrador do RC Celta, Chacho Coudet, convocou a 23 xogadores para o Memorial Quinocho, que se disputa esta tarde ás 20.00 horas no estadio de Abanca Balaídos #ante o Al Shabab. A lista fórmana Iván Villar, Marchesïn, Ruly, Hugo Mallo, Kevin, Aidoo, Mingueza, Unai Núñez, Carlos Domínguez, Javi Galán, Fran Beltrán, Renato Tapia, Luca … Continuación

Un ‘dragón’ para o ataque: o RC Celta incorpora ao internacional portugués Gonçalo Paciencia

Un novo xogador internacional súmase ao plantel celeste. O dianteiro portugués Gonçalo Paciencia reforza a liña de ataque do cadro vigués, co que asina ata xuño de 2025 tras o acordo alcanzado co Enitracht de Frankfurt sobre os seus dereitos federativos. Paciencia, de 28 anos de idade, acreditou as súas calidades como ‘nove’ nas ligas … Continuación

O lateral Sergio Carreira, cedido esta tempada ao Vilarreal B

O lateral celeste Sergio Carreira xogará esta tempada cedido no Vilarreal B tras o acordo alcanzado hoxe por ambos clubs. Carreira xogou a pasada campaña, tamén cedido, no Mirandés,. onde disputou 38 encontros e acumulou máis de 3000 minutos de xogo. O club deséxalle ao xogador celeste un gran éxito nesta tempada no filial do … Continuación

Un novo puntal para a defensa: Óscar Mingueza será celeste ata 2026

Novo reforzo de entidade para a liña defensiva do  RC Celta. O defensa  internacional Óscar Mingueza, de 23 anos de idade, únese ao ilusionante proxecto deportivo celeste para as catro próximas tempadas. Mingueza, procedente do FC Barcelona, roza o medio centenar de partidos en Primeira División nas filas do cadro culé, co que tamén disputou … Continuación

Experiencia e seguridade para a portería: o internacional arxentino Agustín Marchesín únese ao RC Celta

 

RC Celta e FC Porto alcanzan un principio de acordo para o traspaso do porteiro Agustín Marchesín

O RC Celta e o FC Porto alcanzaron un principio de acordo para o traspaso do porteiro arxentino Agustín Marchesín. Unha vez superado o pertinente recoñecemento médico, o xogador asinará o seu contrato co club celeste para pechar a operación.

O RC Celta progresa, pero cae pola mínima en Braga

Foi un RC Celta de intencións, boas, e esbozos, prometedores, máis que de realidades. A carga de traballo da pretempada resta velocidade  e precisión, provoca desaxustes nas axudas e desdibuxa as propostas, pero viuse un RC Celta recoñecible, ambicioso e con personalidade.  O SC Braga, conxunto con maior desenvolvemento físico, superou aos celestes por dous … Continuación

Día da Patria Galega, Día del Príncipe das Bateas: Iago Aspas renova ata 2025

Día de Galicia, Día de Santiago Apóstolo, Día de Iago Aspas. Para o RC Celta e a súa afección, este 25 de xullo non é só o Día da Patria Galega, é o día no que o Príncipe das Bateas une o seu destino ao do club. O máximo goleador da historia celeste, o gañador … Continuación

O RC Celta suma un empate ante San José Earthquakes no primeiro partido da súa historia en Estados Unidos

O primeiro partido na historia do RC Celta en Estados Unidos saldouse con empate e, como non, con Iago Aspas como goleador. O equipo de Chacho Coudet igualou (1-1) a San José Earthquakes, equipo histórico da MLS, no PayPal Arena. Foi un encontro propio de pretemporada, co ritmo axustado á carga de traballo e a … Continuación

Lista de convocados do RC Celta para o partido ante San Jose Earthquakes

O RC Celta está listo para o seu segundo partido de pretemporada, será en San Jose #ante os Earthquakes, equipo histórico da MLS, gañador de dous títulos ligueiros, e farao ante unha gran expectación no que será o primeiro partido do equipo celeste en terras estadounidenses no PayPal Arena. A convocatoria confórmana: Iván Villar, Ruly, Hugo … Continuación