Antonio Mohamed: «Imos demostrar que queremos estar arriba»

O adestrador do primeiro equipo comparece ante os medios de comunicación antes de enfrontarse ao Sevilla FC no Ramón Sánchez-Pizjuán, partido da oitava xornada de LaLiga (domingo, 18:30, beIN Sports LaLiga).

A previa de Celta Media: Sevilla – RC Celta

EN DIRECTO: Sevilla FC – RC Celta

var widgetRF_1538925806933=new pym.Parent(“WidgetRF_match_detail_1538925806933″,”https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=match_nav&match=103720&season=2019&tabs=1&style=celtavigo”,{});

Unha polémica expulsión frea a melloría do Celta en Sevilla (2-1)

Bo arranque do Celta en Sevilla, cunha presión adiantada e moita posesión en busca de espazos arriba. Aos 13 minutos, boa deixada de Maxi para Sisto e remate do celeste en excelente posición que despexa de xeito prodixioso o meta local. Pouco despois, Cabral rematou ao longueiro tras un saque de falta. Co partido igualado … Continuación

O RC Celta recibe ao Real Madrid o domingo 11 de novembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á duodécima xornada do campionato. O RC Celta recibe ao Real Madrid o domingo 11 de novembro ás 20:45 no estadio ABANCA Balaídos, un partido que retransmitirá en directo Movistar Partidazo.

Sete internacionais celestes en outubro

Novo parón de seleccións, no que o RC Celta achega sete futbolistas a sete combinados nacionais diferentes: España (Iago Aspas), México (Araujo), Turquía (Okay), Uruguai (Maxi Gómez), Dinamarca (Sisto), Eslovaquia (Lobotka) e Paraguai (Júnior). A nómina de internacionais celestes sería maior este mes de outubro coa convocatoria de Mathias Jensen pola Sub-21 danesa. Con todo, … Continuación

Boufal: «Temos que confiar máis na nosa calidade»

Kevin Vázquez recibe a alta médica

O defensa celeste Kevin Vázquez arrastraba nos últimos días unha escordadura leve no nocello esquerdo. O canteirán exercitouse este xoves con normalidade xunto ao resto do grupo e xa ten a alta médica. No parte de lesionados só aparece Mathias Jensen, cunha rotura fibrilar.

Juncà: «Afrontamos dous partidos importantes en casa»

O equipo volve ao traballo o luns a porta aberta na Madroa

Aproveitando o parón de seleccións, o primeiro equipo gozará esta semana de tres días de descanso, do venres ao domingo. O plantel celeste retomará o traballo de preparación do Celta-Alavés o vindeiro luns 15 de outubro ás 17:00 na Madroa, nunha sesión que se realizará a porta aberta.