O Catoira SD organiza o Trofeo Sergio Álvarez en homenaxe ao poteiro celeste

O Catoira SD celebra o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18:00, no Campo das Lombas, o I Trofeo Sergio Álvarez, un evento que nace para homenaxear ao seu fillo predilecto, o porteiro e canteirán do RC Celta coñecido como "O Gato de Catoira". Na súa primeira edición, o Catoira SD medirase ao Marcon Atlético … Continuación

Okay volveu xogar un partido completo con Turquía

Okay Yokuslu continúa acumulando minutos coa Selección de Turquía. O centrocampista celeste, que xa fora titular ante Rusia, repetiu no once inicial do combinado otomano e xogou os 90 minutos na remontada 2-3 ante Ucrania.  

Os internacionais Sisto, Mazán e Lobotka regresaron á Madroa

Os internacionais Pione Sisto, Robert Mazán e Stanislav Lobotka volveron adestrar este martes na Madroa tras finalizar os seus compromisos internacionais. Sisto foi titular con Dinamarca ante Gales, un partido que finalizou con triunfo danés por dous a cero e no que o celeste disputou o primeiro tempo completo. Mazán foi titular e disputou o … Continuación

Fran Beltrán: «Xogar con Lobotka é como ter clases particulares»

Okay regresou da concentración coa selección turca

O internacional turco Okay Yokuslu reincorporouse este mércores aos adestramentos do equipo na Madroa. O centrocampista celeste foi titular nos dous partidos da UEFA Nations League que a Selección Turquía disputou na última semana, xogando ademais o noventa minutos en cada un deles. Con Okay, Lobotka, Mazán e Sisto xa son catro os internacionais que … Continuación

Todo o plantel dispoñible tras a alta de Mazán

Antonio Mohamed xa conta con todo o plantel celeste á súa disposición. Coa alta médica de Robert Mazán, quen sofría unha lesión leve, e o regreso de todos os internacionais (Jensen chegará este venres), o adestrador do RC Celta poderá contar con todos os xogadores para o partido de LaLiga en Girona (luns, 21:00, Montilivi).

Iago Aspas e Brais Méndez reincorpóranse aos adestramentos

Os canteiráns celestes Brais Méndez e Iago Aspas incorporáronse este xoves aos adestramentos do RC Celta na Madroa tras finalizar os seus compromisos internacionais. Brais debutou con España Sub-21 e acumulou trinta e tres minutos repartidos en dous partidos de clasificación ao Campionato Europeo, torneo para o que o cadro español xa asegurou a súa … Continuación

Maxi Gómez: «O de Girona será un partido de loita»

Comida de convivencia antes de enfrontarse ao Girona

Xogadores e corpo técnico compartiron este xoves unha comida ao termo do adestramento en A Madroa. Nas mesmas instalacións celestes, o primeiro equipo preparou un asado e gozou dun bo intre antes de afrontar o próximo partido de Liga ante o Girona (luns, 21:00, Montilivi, Gol).

Un venres para recibir ao Alavés no ABANCA Balaídos

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 9 de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Deportivo Alavés no estadio ABANCA Balaídos. O encontro entre galegos e vascos foi programado para o venres 19 de outubro ás 21:00 e beIN Sports LaLiga retransmitirao en directo.