O RC Celta xa coñece o horario da súa visita ao Sánchez-Pizjuán

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 8 de LaLiga, na que o RC Celta visita o campo do  Sevilla FC. Os celestes xogarán no Sánchez-Pizjuán o domingo 7 de outubro ás 18:30 e beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo. var widgetRF_1536224719626=new pym.Parent("WidgetRF_multiwidget_1536224719626","https://es.besoccer.com/scripts/widgets?type=multiwidget&competition=1&hidden_title=1&season=2019&style=celtavigo",{});

A Sub-21 clasifícase ao próximo Europeo no debut do céltico Brais Méndez

O centrocampista celeste Brais Méndez debutou coa Selección Española Sub-21 na vitoria por 3 a 0 ante Albania que asegurou a clasificación do combinado nacional ao próximo Europeo. Brais accedeu ao terreo de xogo no minuto 79 en substitución de Carlos Soler.

Júnior: «Arrancamos ben, pero podemos dar moito máis»

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Pione Sisto únese á concentración da selección danesa

O RC Celta suma un novo internacional. O atacante celeste Pione Sisto concéntrase desde hoxe coa Selección de Dinamarca de cara ao partido da UEFA Nations League que o combinado danés disputa este domingo ante Gales en Aarhus. O céltico xa fora convocado para o partido ante Eslovaquia do pasado mércores, pero un conflito entre … Continuación

Mathias Jensen regresou aos terreos de xogo coa Sub-21 danesa

Mathias Jensen, por fin recuperado dunha rotura fibrilar que lle impediu debutar co RC Celta, volveu gozar de minutos o pasado venres coa selección sub-21 de Dinamarca. O celeste foi titular e xogou o primeiro tempo completo no triunfo 2-0 ante Finlandia.

Okay Yokuslu gozou de noventa minutos coa Selección de Turquía

O centrocampista celeste Okay Yokuslu foi titular e disputou os 90 minutos coa Selección de Turquía ante Rusia. O combinado otomán caeu derrotado por dous goles a un.

Beltrán: «O vestiario do Celta é unha gran familia»

Iago Aspas xa é o celeste con máis internacionalidades con España

O canteirán celeste Iago Aspas foi titular con España en Wembley, o mesmo escenario onde debutou co combinado español o 15 de novembro de 2016. O de Moaña gozou de 67 minutos sobre o terreo de xogo ante Inglaterra nun partido que finalizou cun marcador dun a dous a favor de España. Leste foi o … Continuación

Pione Sisto, titular coa Selección de Dinamarca

Pione Sisto foi titular con Dinamarca e xogou os primeiros corenta e cinco minutos na vitoria 2-0 ante Gales.

Lobotka regresou á titularidade con Eslovaquia

Stanislav Lobotka, suplente no partido de Eslovaquia fronte a Dinamarca, reuperou a titularidade ante Ucrania. O celeste xogou o partido completo, no que o combinado eslovaco caeu derrotado pola mínima (0-1). O defensa céltico Robert Mazán, titular no parido anterior, foi nesta ocasión suplente.