Iago Aspas iguala os 68 goles en Primeira de Gudelj e Mauro

Iago Aspas continúa pulverizando os rexistros históricos do RC Celta. O de Moaña sumou a última xornada de Liga, ante o Alético de Madrid, o seu gol número 68 en Primeira División, a mesma cifra cultivada no seu día por dúas lendas do fútbol celeste: Mauro Rodríguez e Vlado Gudelj. O dianteiro galego xa é … Continuación

Cabral, Araujo e Maxi entran no once ideal da terceira xornada

LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada semana elixe aos mellores futbolistas de Primeira División segundo o seu rendemento, anunciou a composición do once ideal da terceira xornada. Nel aparecen tres futbolistas celestes, titulares no triunfo por 2 a 0 ante o Atlético de Madrid: Gustavo Cabral, Néstor Araujo e o goleador Maxi … Continuación

Iago Aspas suple a Diego Costa na convocatoria de Luis Enrique

A RFEF comunicou este luns que Iago Aspas substituirá na convocatoria da Selección Española a Diego Costa, baixa por motivos personais. O de Moaña, que nun principio non fora incluído por Luís Enrique na súa lista de seleccionados, suma así a súa novena convocatoria consecutiva coa selección absoluta de España.

Seis internacionais celestes na Data FIFA de setembro

Iago Aspas (España), Okay (Turquía), Lobotka e Mazán (Eslovaquia), Brais Méndez (España Sub-21) e Jensen (Dinamarca Sub-21), son o seis internacionais que o RC Celta porta en Data FIFA deste mes de setembro. Esta lista de futbolistas celestes podería ser máis ampla coa inclusión do uruguaio Maxi Gómez e o danés Pione Sisto, ambos os … Continuación

Maxi Gómez elixe o seu quinteto ideal

Iago Aspas: «Sempre me propoño metas altas»

Juan Hernández, cedido no Cádiz, lesiónase gravemente

O atacante celeste Juan Hernández, cedido esta tempada ao Cádiz CF, sufriu unha lesión grave durante un adestramento do conxunto andaluz. O futbolista sofre unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno do seu xeonllo esquerdo, polo que deberá pasar por quirófano e o seu tempo de baixa oscilará entre o seis e … Continuación

A enfermaría do primeiro equipo vacíase

David Juncà e Mathias Jensen, os dous últimos futbolistas celestes que continuaban de baixa por lesión, recibiron este martes a alta médica. Ambos os xogadores arrastraban roturas fibrilares de baixo grao, o primeiro no bíceps femoral dereito e o segundo no esquerdo, lesións das que xa están totalmente recuperados. Juncà está a exercitarse con normalidade … Continuación

Sergio: «Sentimos a enerxía positiva da afección»

Robert Mazán, titular no triunfo de Eslovaquia ante Dinamarca

O defensa celeste Robert Mazán foi titular e disputou o noventa minutos con Eslovaquia na vitoria por 3 a 0 ante Dinamarca. Outro céltico, Stanislav Lobotka, estivo no banco do combinado eslovaco.