Físico, talento, sacrificio e futuro: Fran Beltrán, celeste ata 2023

O RC Celta pechou a contratación dun das grandes perlas da canteira española. O centrocampista Fran Beltrán, futbolista de referencia no Rayo Vallecano e a Segunda División con tan só dezanove anos, incorpórase ao club vigués polo próximas cinco tempadas tras abonarse a súa cláusula de rescisión en LaLiga. Fran Beltrán (Madrid, 1999) formouse nas … Continuación

O RC Celta perde no último minuto ante un Southampton máis rodado (3-2)

O RC Celta deixou detalles esperanzadores na súa primeira derrota da pretempada, ante o Southampton, un rival moi forte fisicamente e máis rodado que os celestes. O equipo adestrado por Antonio Mohamed controlou a primeira parte, demostrando unha gran solvencia en defensa e efectividade en ataque. Pione Sisto e Iago Aspas adiantaron ao RC Celta … Continuación

Fran Beltrán únese á expedición do RC Celta en Inglaterra

Fran Beltrán, novo centrocampista do RC Celta, incorporouse á concentración celeste en Inglaterra na tarde do mércores, a tempo de ver o partido dos vigueses ante o Southampton FC. Unha vez terminado o encontro amigable, o presidente Carlos Mouriño posou xunto ao talentoso xogador sobre o mesmo céspede do St. Mary's Stadium.

O RC Celta recibe ao Atlético a tarde do sábado 1 de setembro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 3 do campionato ligueiro. O RC Celta recibirá ao Atlético de Madrid o sábado 1 de setembro ás 16:15 no estadio Abanca-Balaídos. beIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Fran Beltrán asina autógrafos este mércores no Abanca Balaídos

Fran Beltrán, novo centrocampista do RC Celta, será presentado coma xogador celeste este luns 6 de agosto ás 13:00 na sede social do club, na Rúa do Príncipe. O Salón Regio de A Sede acollerá a rolda de prensa de presentación, de acceso exclusivo para medios de comunicación e que poderá seguirse en directo no … Continuación

Empate ante o Fulham para pechar a mini xira inglesa (2-2)

O RC Celta despediuse de Inglaterra cun empate 2-2 ante o Fulham FC en Craven Cottage. O cadro local adiantouse nada máis comezar o partido cun tanto de Mitrovic. O empate celeste chegou pouco despois, cun tanto de cabeza de Dennis Eckert. Antes do descanso, os londinienses golpearon de novo co 2-1 e o RC … Continuación

O equipo volve adestrar na Madroa este luns

O equipo regresa a Vigo desde Londres este sábado pola noite, descansa mañá domingo e volve adestrar na Madroa o luns ás 10:00 a porta aberta.

Beltrán: «Aportarei ilusión, traballo e humildade».

Fran Beltrán, novo centrocampista do RC Celta, presentouse oficialmente ante os medios de comunicación este luns no Salón Regio de A Sede. O novo talento estivo acompañado na súa posta de longo como celeste polo conselleiro Primitivo Ferro e o director deportivo Felipe Miñambres. «Vir ao Celta é un gran avance na miña carreira», asegurou … Continuación

Girona-Celta, segundo luns no calendario de Liga celeste

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á cuarta xornada do campionato ligueiro. O RC Celta visita ao Girona FC no Municipal de Montilivi o luns 17 de setembro ás 21:00 horas. Gol emitirá o partido en aberto.

Fran Beltrán levará o dorsal número oito

Este luns, ademais de presentar oficialmente a Fran Beltrán, desvelouse o dorsal que portará o mozo centrocampista madrileño. Nada menos que o número oito, usado ata hai pouco por Pedro Pablo 'Tucu' Hernández ou anteriormente por Valery Karpin.