Boufal será baixa entre 8 e 10 días por unha escordadura de nocello

A ecografía realizada a Sofiane Boufal confirmou que o xogador sofre unha escordadura lateral no nocello esquerdo. A lesión, producida durante o adestramento do martes 26 de xullo, manterá ao internacional marroquí de baixa entre oito e dez días.

O RC Celta estréase fóra de casa o luns 27 de agosto no Ciutat de València

LaLiga estableceu os horarios correspondentes á segunda xornada do campionato 2018/19. O RC Celta xogará o seu primeiro partido lonxe de Vigo o luns 27 de agosto ás 20:15 CEST ante o Levante UD, no estadio Ciutat de València. beIN Sports LaLiga retransmitirá o partido en directo. Debut en LaLiga 18/19 A semana anterior, o … Continuación

Okay lesionouse durante o partido de preparación en Braga

O internacional turco Okay Yokuslu lesionouse durante o primeiro tempo do amigable disputado polo RC Celta ante o SC Braga no Estadio Municipal de Braga. O centrocampista celeste sofre unha escordadura de grao II do ligamento lateral externo do nocello dereito. O tempo de baixa fixarase tras realizar probas.

A defensa celeste aproba ante o SC Braga (0-0)

O RC Celta regresou de Braga cun empate sen goles no seu segundo partido de preparación. O partido transcorreu cun ritmo lento e cos dous equipos máis preocupados da parcela defensiva que de atopar o gol, especialmente o RC Celta, que decidiu aproveitar o envite ante un rival de categoría para poñer a proba os conceptos … Continuación

O RC Celta viaxa a Inglaterra este martes para medirse a Southampton e Fulham

ACTUALIZACIÓN: por motivos de loxística, a saída do equipo desde Vigo retrasarase unha hora. Desta maneira, o equipo partirá de A Madroa ás 17:40 e despegará desde o aeroporto de Vigo ás 19:00. O RC Celta viaxa esta semana a Inglaterra para afrontar dous esixentes encontros amigables ante equipos da Premier League: Southampton e Fulham. … Continuación

Kevin: «Estou disposto a pelexar por un posto»

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

O mundialista Maxi Gómez incorpórase aos adestramentos

O dianteiro celeste Maxi Gómez regresou este luns ás instalacións deportivas de A Madroa tras gozar duns días extra de permiso pola súa participación no Mundial de Rusia. O xogador do RC Celta, que volveu das súas vacacións nunha gran condición física, exercitouse á marxe co obxectivo de alcanzar o ritmo dos seus compañeiros canto … Continuación

A saída do equipo a Inglaterra retrásase unha hora sobre o previsto

A hora programada para o inicio da viaxe do RC Celta a Inglaterra, as 18:00 deste martes, atrásase por motivos de loxística. Desta forma, o cadro celeste partirá finalmente de A Madroa ás 17:40 e despegará do aeroporto de Vigo ás 19:00. Os de Antonio Mohamed afrontan dous esixentes encontros de preparación en terras inglesas … Continuación

O RC Celta viaxa a Inglaterra con vinte e catro xogadores

O adestrador do RC Celta, Antonio Mohamed, incluíu a vinte e catro xogadores na lista para viaxar este martes a Inglaterra, onde os celestes se medirán a Southampton (mércores 1 de agosto) e Fulham (sábado 4 de agosto), entre eles os futbolistas do filial Fran Vieites, Juan Ros e Dennis Eckert. A lista completa fórmana: … Continuación

O RC Celta inicia este martes a mini xira inglesa

O primeiro equipo celeste puxo rumbo a Inglaterra este martes pola tarde desde o aeroporto de Vigo. Unha expedición de vinte e catro futbolistas viaxa a territorio inglés para afrontar dous esixentes encontros de preparación ante equipos da Premier League, o Southampton FC este mércores 1 de agosto ás 20:45 CEST e o Fulham FC … Continuación