Ao RC Celta escápaselle a vitoria no tramo final (1-1)

O RC Celta empatou este sábado ante o Real Betis nun partido no que os celestes foron en vantaxe durante boa parte do mesmo. Un tanto verdibranco no tramo final igualou o inicial de Nolito. O equipo celeste afástase un punto da zona de descenso. Os de Óscar García saíron moi enchufados ao encontro e … Continuación

RC Celta – Atlético de Madrid: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da trixésimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe Atlético de Madrid (martes 22.00, ABANCA Balaídos). A lista completa fórmana: Hugo Mallo, Nolito, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradaric, … Continuación

O RC Celta firma un valioso empate ante o Atlético (1-1)

O RC Celta cultivou un importante punto este martes ante o Atlético de Madrid (1-1) grazas a un sensacional gol de Fran Beltrán pola escuadra. Os xogadores celestes asinaron un gran partido e reaccionaron de maneira magnífica ao gol inicial de Morata. A primeira metade comezou cun mazazo en forma de gol branquivermello no primeiro … Continuación

Rubén Blanco sofre unha lesión muscular na súa perna dereita

Rubén Blanco sufriu unha lesión muscular durante o partido ante o Atlético de Madrid. O porteiro celeste danouse nun golpe de balón e as primeiras exploracións apuntan a unha probable rotura muscular no recto anterior da súa coxa dereita. Nas próximas horas realizaránselle probas médicas para determinar o alcance exacto da lesión.

O porteiro celeste Rubén Blanco, entre catro e cinco meses de baixa

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco sufriu no partido do pasado martes ante o Atlético de Madrid o arrincamento completo do tendón directo do recto femoral dereito. Esta lesión requirirá tratamento quirúrxico, que será realizado nos próximos días polo xefe dos servizos médicos do club Juan José García Cota. O tempo estimado de baixa … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios das dúas últimas xornadas de LaLiga

LaLiga deu a coñecer os horarios das dúas últimas xornadas do campionato. O RC Celta recibirá ao Levante o xoves 16 de xullo ás 21.00 horas e visitará ao RCD Espanyol o domingo 19 de xullo tamén ás 21.00 horas. Ambas xornadas terán horario unificado.

Osasuna – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da trixésimo sexta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Osasuna (sábado 17.00, O Sadar). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Nolito, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Bradaric, Olaza, Sáenz, … Continuación

Ao RC Celta escápaselle o empate no desconto (2-1)

O RC Celta perdeu no campo de Osasuna (2-1) nun igualado encontro no que os celestes se adiantaron no marcador e viron como se lles escapaba o empate no tempo de desconto. O partido púxose de cara nos primeiros minutos cun gol de Santi Mina tras unha triangulación entre Rafinha e Aspas. Con todo, pouco … Continuación

Rubén Blanco, operado de xeito satisfactorio polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Rubén Blanco foi operado esta mañá no Hospital Fremap de Vigo polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, quen precisou que foi unha cirurxía sen complicacións na que se comprobou o arrincamento completo do tendón do recto femoral. Indicou que na operación se reinsertou o tendón … Continuación

Smolov sofre un edema no adutor da súa perna dereita

As probas médicas realizadas ao dianteiro Fedor Smolov determinaron que o futbolista ruso sofre un edema no adutor da súa perna dereita. O futbolista xa se atopa baixo tratamento e a súa evolución marcará a súa dispoñibilidade nos dous últimos encontros.