O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Atlético de Madrid e Osasuna

LaLiga deu a coñecer esta semana os horarios das xornadas 35 e 36 nas que o RC Celta recibirá ao Atlético de Madrid en ABANCA Balaídos e visitará a Osasuna no Sadar. O conxunto celeste enfrontarase ao equipo branquivermello o vindeiro martes 7 de xullo ás 22.00 horas e visitará ao cadro navarro o sábado … Continuación

O RC Celta non pode cos elementos e cae en Mallorca (5-1)

O RC Celta perdeu en Mallorca un partido importante que quedou condicionado por un inexistente penalti que o colexiado De Burgos Bengoetxea sinalou ao comezo do encontro tras revisar o monitor. As imaxes mostran que non existe ningún tipo de contacto, pero o árbitro non cambiou a súa decisión inicial. Tras o mazazo inicial, os … Continuación

Denis Suárez sofre unha lesión na seu bíceps femoral esquerdo

Malas noticias na enfermaría celeste. Denis Suárez sufriu unha lesión no seu bíceps femoral esquerdo durante o encontro ante o Mallorca e tivo que ser substituído. Nos próximos días realizaránselle probas médicas para determinar o alcance exacto da lesión.

Comunicado do RC Celta

Cinco xogadores que se atopaban cedidos no RC Celta até o 30 de xuño terminarán a tempada defendendo as cores do conxunto celeste tras chegar a un acordo cos seus clubs de orixe. Jeison Murillo, Filip Bradaric, Pape Cheikh, Fedor Smolov e Rafinha Alcántara disputarán as cinco xornadas restantes de LaLiga, que ten previsto finalizar … Continuación

Rubén Blanco alcanza os 100 partidos en Primeira División co RC Celta

Rubén Blanco alcanzou este martes ante o RCD Mallorca os 100 partidos en Primeira División co RC Celta. O canteirán de Mos acumula esta tempada 31 encontros na máxima categoría do fútbol nacional e en 10 deles deixou a portaría a cero.

Iago Aspas chega aos 100 goles co RC Celta en Primeira División

Iago Aspas segue escribindo con letras de ouro a súa historia no RC Celta. O dianteiro de Moaña anotou ante o Mallorca o seu gol número 100 coa camiseta celeste en Primeira División. O canteirán é o segundo xogador na historia do club que alcanza o centenar de goles na máxima categoría e ten a … Continuación

Denis Suárez sofre unha rotura grao II no bíceps femoral esquerdo

As probas médicas ás que foi sometido este mércores Denis Suárez determinaron que o centrocampista celeste sofre unha rotura grao II no bíceps femoral esquerdo. O canteirán de Salceda produciuse a lesión durante o encontro de LaLiga ante o RCD Mallorca. O tempo estimado de baixa é dunhas seis semanas.

Rubén Blanco, no Team of The Week de EA Sports

Rubén Branco forma parte do Team of The Week de Ea Sports pola súa notable actuación baixo paus coa camiseta celeste. O canteirán de Mos acumula esta tempada 10 partidos sen encaixar gol e acaba de cumprir 100 encontros co RC Celta en Primeira División.

Lucas Olaza continuará no RC Celta ata o final da tempada 20/21

Lucas Olaza disputará o tramo final da presente tempada e a próxima campaña co RC Celta. O club celeste e Boca Juniors acordaron a prórroga da cesión do lateral uruguaio até o 30 de xuño de 2021. Ademais, o RC Celta se garda unha opción de compra. Lucas Olaza (Montevideo, 27-07-1994) chegou a Vigo en … Continuación

RC Celta – Real Betis: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da trixésimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe Real Betis (sábado 17.00, ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Nolito, Araujo, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradaric, … Continuación