Os xogadores do RC Celta adéstranse sobre o céspede da Madroa

Os xogadores do RC Celta volveron este luns aos adestramentos da Madroa. Repartidos en tres campos, os futbolistas alternaron traballo físico e exercicios con balón. Todos os xogadores, así como o corpo técnico e resto de empregados presentes na cidade deportiva cumpriron todos os protocolos de seguridade marcados por LaLiga e as autoridades sanitarias.

Hugo Mallo: “Volver ver aos compañeiros é fantástico”

O capitán celeste, Hugo Mallo, cóntanos como foron as súas primeiras sensacións tras volver ver aos seus compañeiros no regreso ao traballo cos adestramentos individuais nas instalacións da Madroa.

Denis Suárez: “Quero ao Denis protagonista das primeiras xornadas”

Denis fala con Celta Media sobre como está a ser a volta aos adestramentos na Madroa. O de Salceda chega nun gran estado de forma e mostra ilusión de cara ao regreso cos seus compañeiros e manda unha mensaxe de apoio a todos os celtistas, debido á crise sanitaria vivida.

Fontán: “Adestrar a carón destes xogadores non ten prezo”

O defensa celeste José Fontán é un dos xogadores do Celta B que foron elixidos por Óscar García e o seu corpo técnico para participar nos adestramentos do primeiro equipo na volta ao traballo tras o confinamento.

O RC Celta afronta unha nova semana de adestramentos

Os xogadores do RC Celta volverán este luns á cidade deportiva da Madroa para continuar coa súa preparación de cara ao regreso de LaLiga. Tras unha semana de adestramentos individuais, cumprindo escrupulosamente todas as medidas de seguridade decretadas polas autoridades sanitarias, os futbolistas comezarán a adestrar en grupos de até 10 xogadores. O corpo técnico … Continuación

Sergio Álvarez sofre unha rotura en ambos meniscos do seu xeonllo dereito

Malas noticias na enfermaría do RC Celta. A resonancia magnética á que foi sometido Sergio Álvarez este xoves desvelou que o porteiro sofre unha rotura nos dous meniscos do seu xeonllo dereito así como unha lesión parcial no ligamento cruzado anterior da mesma articulación. O gardameta de Catoira será operado nos próximos días e o … Continuación

Sergio Álvarez, operado de maneira satisfactoria polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Sergio Álvarez foi operado do seu xeonllo dereito esta mañá de maneira satisfactoria polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota no Hospital FREMAP. O canteirán celeste sufriu unha rotura longa no menisco interno, onde se optou pola reconstrución do mesmo, e unha pequena rotura no menisco … Continuación

Óscar García: “Imos estar preparados para cando empece La Liga”

O técnico celeste cóntanos que sensacións ten do equipo nesta nova semana de adestramentos. Ademais, felicita ao Xuvenil A polo recente anuncio sobre a súa participación na próxima edición da UEFA Youth League.

O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Villarreal e Valladolid

LaLiga deu a coñecer os horarios das dúas próximas xornadas do campionato. O RC Celta medirase ante o Villarreal o sábado 13 de xuño ás 17.00 horas en ABANCA Balaídos e enfrontarase o mércores 17 de xuño ao Real Valladolid en Valladolid ás 19.30 horas. Ambos os partidos serán retransmitidos por Movistar LaLiga.

RC Celta – Villarreal: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte e cinco xogadores para o partido da vixésimo oitava xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Villarreal (sábado 17.00 ABANCA Balaídos). A lista completa fórmana: Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, … Continuación