RC Celta – Sevilla: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido da vixésimo segunda xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Sevilla (domingo 18.30 ABANCA Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, … Continuación

Óscar García: “Temos que dar algo á afección para que nos apoien os 90 minutos”

O técnico celeste realiza a rolda de prensa previa ao partido de LaLiga ante o Sevilla FC en Abanca Balaídos (domingo 9 de febreiro, 18:30).

O RC Celta B reencóntrase coa vitoria (3-1)

O RC Celta B conseguiu unha importante vitoria este domingo ante a Peña Deportiva (3-1) na estrea de Onésimo en Barreiro. O filial celeste foi o claro dominador do partido e adiantouse no marcador mediada a primeira metade cun sensacional gol de Yeboah. Xa no segundo tempo, Manu Justo e Apeh anotaban o segundo e … Continuación

O RC Celta consegue o merecido premio da vitoria (2-1)

O RC Celta conseguiu unha agónica vitoria ante o Sevilla (2-1) grazas aos goles de Iago Aspas e Pione Sisto. O equipo celeste sae do descenso grazas a este triunfo nun partido no que o apoio da afección foi decisivo. A primeira metade estivo marcada pola igualdade e foron os sevillistas os que se adiantaron … Continuación

O pospartido de Óscar García | RC Celta 2-1 Sevilla FC

O adestrador Óscar García analiza a remontada protagonizada polo equipo celeste ante o Sevilla FC en Abanca Balaídos (2-1).

Murillo, pendente de evolución para determinar a súa disponibilidad para o domingo

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao central Jeison Murillo confirma o diagnóstico inicial, esguince leve no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito. Os servizos médicos celestes valorarán a súa evolución nos próximos días para determinar si poderá estar dispoñible para o partido do próximo domingo no Santiago Bernabeu.

Rafinha, premio Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro

Rafinha Alcántara recibiu este mércores na sala de prensa da Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de xaneiro. O centrocampista celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Okay cun 35% dos votos e de Fran Beltrán cun 20%. O brasileiro, … Continuación

A afección celeste poderá ver o partido ante o Real Madrid en A Sede

O RC Celta afronta este domingo ás 21.00 horas un encontro de máxima esixencia ante o Real Madrid. O conxunto celeste, que contará co apoio de centenares de afeccionados nas bancadas do Santiago Bernabéu, busca dar continuidade á vitoria do pasado fin de semana ante o Sevilla. Para que a afección que non puido viaxar … Continuación

ENTREVISTA | Filip Bradarić: “Estou moi feliz polo meu debut co RC Celta”

Ambición, traballo, ledicia... O internacional croata e subcampión do mundo coa súa selección, Filip Bradarić, sentouse cos compañeiros de Celta Media para ofrecer a súa primeira entrevista como xogador celeste.

Real Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimo cuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Real Madrid (domingo 21.00 Santiago Bernabéu). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, … Continuación