O fútbol volve ser inxusto co RC Celta (1-0)

O RC Celta perdeu en Valencia (1-0) nun encontro no que os de Óscar García mereceron mellor sorte. Os celestes tiveron varias ocasións antes de que o conxunto local tomara ventaxa no marcador. A primeira parte estivo equilibrada. Rubén Blanco realizou dúas boas intervencións nos primeiros minutos e o conxunto celeste terminou na área rival … Continuación

Óscar García: “Creo que xogando así os resultados van chegar”

O adestrador celeste analiza na rolda de prensa posterior ao Valencia CF 1 - 0 RC Celta a dura e inxusta derrota do equipo celeste. Un gran partido de todo o conxunto na que o esforzo colectivo non viuse recompensado.

Iago Aspas cumpre 200 partidos en Primeira División

Iago Aspas cumpriu este sábado ante a Valencia CF 200 partidos en Primeira División. O canteirán celeste acumula 96 goles na máxima categoría e é o actual Trofeo Zarra, galardón que conquistou no últimas tres tempadas.

Resumo | Valencia CF 1-0 RC Celta

A Valencia CF conseguiu a vitoria ante o RC Celta cun gol de Carlos Soler na segunda parte (1-0). Os celestes xogaron un moi bo partido, empuxados polos máis de 300 celtistas que se desprazaron a Mestalla. Inxusto resultado, pero boas sensacións que fan ver o horizonte con optimismo.

LaLiga anuncia o horario do partido ante o Granada

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 26 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao Granada. Os celestes visitarán ao equipo andaluz en ABANCA Balaídos o sábado 29 de febreiro ás 21.00 horas e Movistar LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Fedor Smolov na súa presentación oficial: “Darei o mellor de min”

"Estou moi feliz e orgulloso de estar aquí". Con estas palabras, Fedor Smolov presentouse ante os medios de comunicación este martes no Salón Rexio da Sede. O internacional ruso sinalou a liga española como "a mellor do mundo" e revelou que "de pequeno seguía ao Celta por Mostovoi e Karpin". Smolov estivo acompañado na súa … Continuación

Okay: “Cada partido é unha final. Temos que gañar, loitar e traballar”

Okay Yokuslu compareceu este xoves na sala de prensa da Madroa, tres días antes do vital enfrontamento ligueiro ante o Sevilla FC (domingo 9 de febreiro, 18:30, Abanca Balaídos).

Iván Villar e David Juncà reciben a alta médica

Inmellorables noticias no parte médico. Iván Villar e David Juncà, os dous xogadores que permanecían na enfermaría celeste, completaron o adestramento con normalidade e recibiron a alta médica este venres. Desta maneira, Óscar García ten á súa disposición a todos os xogadores do plantel para o transcendental partido do domingo ante o Sevilla.

Nova iniciativa para os abonados do RC Celta: autobuses gratuitos a Madrid

Momento de unión para alcanzar un obxectivo común: avanzar na táboa e desprenderse do enorme peso da ansiedade. O RC Celta volve activar unha iniciativa destinada unha vez máis aos seus abonados para que poidan acudir a un encontro especialmente compricado e sempre atractivo e apaixonante, o Real Madrid-RC Celta do próximo domingo. O club … Continuación

Fedor Smolov: “Mostovoi e Karpin tiveron un gran impacto en min”

O novo dianteiro celeste, o internacional ruso Fedor Smolov, ofrece a súa primeira entrevista como xogador do RC Celta: "O equipo está creando as ocasións e eu teño que aproveitalas".