A mala fortuna impide a vitoria do RC Celta (0-0)

O RC Celta non puido pasar do empate ante a SD Eibar (0-0) nun encontro no que foi claro dominador e no que só a falta de puntaría impediu que o tres puntos quedasen no ABANCA Balaídos. O equipo celeste fíxose co control de balón desde o primeiro minuto e acumulou numerosas chegadas de perigo … Continuación

Rubén Blanco: “Este é o camiño que temos que seguir”

O gardameta celeste Rubén Blanco atende a Celta Media despois do punto sumado en Abanca Balaídos (0-0) ante a SD Eibar. Os goles non chegaron, pero a actitude e entrega dos xogadores foi notable: "Estamos sacando o xogo que queremos. Este é o camiño que temos que seguir".

Óscar García: “A afección quere ver un equipo que se entrega e hoxe foi así”

Rolda de prensa do adestrador celeste Óscar García tras o empate 0-0 ante a SD Eibar en Abanca Balaídos

Bradarić na súa presentación: “Hai motivos para crer”

Filip Bradaric, novo centrocampista celeste e segunda fichaxe invernal do RC Celta tras a incorporación de Jeison Murillo, presentouse oficialmente ante os medios de comunicación no Salón Rexio da Sede. O internacional croata, que formou parte da convocatoria de Óscar García ante o Eibar, estivo acompañado na súa posta de longo como futbolista céltico polo … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o CD Leganés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 25 de LaLiga, na que o RC Celta enfrentarase ao CD Leganés. Os celestes recibirán ao equipo madrileño en ABANCA Balaídos o sábado 22 de febreiro ás 13.00 horas e Movistar LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

O RC Celta enriquece o seu ataque cos goles e o talento de Fedor Smolov

Contrastada capacidade goleadora, impactante cifra de asistencias, experiencia, talento... O RC Celta reforza a súa liña de ataque con Fedor Smolov, estrela do Krasnodar ao que se mediu o conxunto vigués na Europa League e un dos referentes no actual Lokomotiv de Moscova. O internacional ruso chega ao club celeste, a falta da pertinente revisión … Continuación

Óscar García: “A afección pídenos que demos o máximo e iso é o que imos facer”

"Estamos moi contentos de ter o apoio da afección en Valencia. O mínimo que piden é que demos o máximo e iso é o que imos facer". O adestrador celeste Óscar García atendeu aos medios de comunicación en sala de prensa antes do importante duelo ante a Valencia en Mestalla (sábado, 18:30).

Smolov supera o recoñecemento médico e firma como novo xogador do RC Celta

O novo xogador do RC Celta, Fedor Smolov, pasou este venres con éxito o recoñecemento médico na Clínica RC Celta. As probas estiveron supervisadas polos servizos médicos do club coa colaboración dos cardiólogos Juan Carlos Arias, María Basalo e Vilar, do Servizo de Cardioloxía do Hospital Povisa. Acto seguido, o xogador asinou o seu novo … Continuación

Valencia CF – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da vixésimosegunda xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Valencia CF (sábado, 21.00, Mestalla). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Smolov, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Bradarić, Olaza, Aidoo, … Continuación

Emre Mor xogará cedido no Olympiakos ata final de tempada

Emre Mor xogará cedido no Olympiakos ata final de tempada tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o conxunto grego. O futbolista turco atopábase a préstamo no Galatasaray. O equipo heleno terá unha opción de compra obrigatoria en función de obxectivos ao termo da campaña.