Mérida AD – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido dos 1/32 de final da Copa de SM o Rei na que o RC Celta visita ao Mérida AD (domingo, 16.00 horas, Estadio Romano). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago … Continuación

Óscar García: “Temos ilusión por chegar o máis lonxe posible”

O técnico celeste Óscar García atende aos medios antes do partido de segunda rolda de Copa do Rei no estadio do Mérida (domingo, 16:00, DAZN).

Vitoria solvente do RC Celta en Mérida (1-4)

Triunfo contundente do RC Celta na súa visita ao Estadio Romano do Mérida AD (1-4). O equipo vigués xogou moi concentrado todo o encontro e clasificouse para os 1/16 de final da Copa de SM o Rei grazas aos goles de Santi Mina por partida dobre, Pione Sisto e Brais Méndez. A primeira metade foi … Continuación

Araujo sofre unha escordadura proximal do ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito

A eliminatoria de Copa de SM o Rei ante o Mérida AD trouxo malas noticias no parte médico do RC Celta. O central Néstor Araujo tivo que retirarse no tramo final do encontro tras sufrir molestias no seu xeonllo. O primeiro diagnóstico, á espera de máis probas médicas, sinala que o mexicano sofre unha escordadura … Continuación

O RC Celta medirase ao Mirandés nos dezaseisavos de final da Copa do Rei

O RC Celta xa coñece o seu rival nos dezaseisavos de final da Copa do Rei. O sorteo celebrado esta mañá ás 13 horas deparou o enfrontamento co Club Deportivo Mirandés, de Segunda División. O encontro disputarase o xoves 23 de xaneiro ás 19:00 no Estadio Municipal de Anduva. DAZN, servizo de streaming, retransmitirá a … Continuación

Os xogadores do primeiro equipo sométense a unha exhaustiva analítica na Clínica RC Celta

Os xogadores do primeiro equipo sometéronse este mércores a unha completa analítica na Clínica RC Celta en A Sede. Os resultados deste exhaustivo control permitirán aos servizos médicos do club avaliar o estado físico actual do plantel de face á última parte da tempada, que se presenta moi esixente. As probas incluíron análises de sangue e ouriños, … Continuación

Néstor Araujo sofre unha escordadura de grao I e o Toro recibe a alta médica

As probas realizadas ao central Néstor Araujo confirmaron o diagnóstico realizado. O defensor mexicano sofre unha escordadura de grao I no ligamento lateral interno do seu xeonllo dereito. Nos próximos días comezará a adestrar de maneira progresiva co grupo. Pola súa banda, Gabriel Fernández recibiu a alta médica tras completar a sesión ao mesmo ritmo … Continuación

O centrocampista Stanislav Lobotka xogará no Nápoles italiano

O RC Celta e o Nápoles chegaron a un acordo nas últimas horas para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Stanislav Lobotka. O internacional eslovaco disputou preto dun centenar de partidos coa camiseta celeste desde a súa chegada en 2017. O seu gran rendemento durante este tempo permitiulle asentarse como un dos xogadores máis … Continuación

Iago Aspas, premio Xogador Estrella Galicia do mes de decembro

Iago Aspas recibiu esta mañá na Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de decembro. O dianteiro celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Rafinha cun 35% dos votos e de Néstor Araujo cun 20%. O canteirán, que recibiu o galardón … Continuación

Jeison Murillo: experiencia e solidez para a zaga do RC Celta