O filial xogará contra o Castilla o 8 de xaneiro en Barreiro

O Celta B xogará o seu partido aprazado fronte ao Real Madrid Castilla o día 8 de xaneiro de 2020 ás 15:45 en Barreiro, según confirmou a Real Federación Española de Fútbol. Este partido de Segunda División B cancelouse o pasado sábado día 21 de decembro por mor da alerta meteorolóxica en Galicia.

Claudio Beauvue recibe a alta médica

Boa noticias na enfermaría celeste. O dianteiro Claudio Beauvue recibiu este luns a alta médica tras completar o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O ariete sufriu unha rotura no menisco do seu xeonllo esquerdo hai pouco máis de dous meses. Doutra banda, Denis Suárez sufriu na sesión matinal deste luns un pinzamiento posterior … Continuación

David Costas: “Afrontamos o partido coma unha final”

O central galego foi o primeiro xogador do RC Celta en atender aos medios de comunicación no ano 2020, días antes do importante partido de LaLiga ante o Osasuna.

Óscar García: “Estamos preparados para dar unha alegría á afección”

O adestrador celeste compareceu na sala de prensa na previa do partido ante o Osasuna en Abanca Balaídos (domingo 5 de xaneiro, 21:00), o primeiro do ano 2020.

RC Celta – CA Osasuna: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da decimonovena xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao CA Osasuna (domingo, 21.00 horas, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Okay, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo, G. … Continuación

O RC Celta empata na casa ante Osasuna (1-1)

RC Celta e Osasuna empataron este domingo en ABANCA Balaídos (1-1) no último partido da primeira volta. O conxunto celeste adiantouse no marcador por medio de Santi Mina e os visitantes lograron o empate no tramo final grazas a un cabezazo de Chimy Ávila. O equipo de Óscar García dominou os primeiros 45 minutos do … Continuación

Fran Beltrán: “Volvemos con outra mentalidade”

O centrocampista celeste Fran Beltrán fai balance do empate 1-1 ante o Osasuna en Abanca Balaídos, último partido da primeira volta da tempada 2019/20.

O Mérida AD, rival do RC Celta na Copa do Rei este domingo

O Mérida será o rival do RC Celta nos 1/32 de final da Copa de SM o Rei tras superar a La Nucía este mércores na quenda de penaltis. O partido disputarase o domingo 12 de xaneiro ás 16.00 horas no Estadio Romano e será retransmitido por DAZN.

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Sevilla FC

LaLiga deu a coñecer este xoves os horarios da xornada 23 na que o RC Celta recibirá ao Sevilla FC. O conxunto hispalense visitará o estadio ABANCA Balaídos o vindeiro domingo 9 de febreiro ás 18.30 horas e o partido será retransmitido por Movistar LaLiga.

Sergio Álvarez e Denis Suárez reciben a alta médica

Moi boas noticias no parte médico celeste. Denis Suárez e Sergio Álvarez completaron con total normalidade o adestramento deste venres xunto ao resto dos seus compañeiros e recibiron a alta médica. O centrocampista sufrira un pinzamiento no seu nocello dereito o pasado 30 de decembro mentres que o porteiro sufriu a rotura do menisco externo … Continuación