Iván Villar sufre unha rotura no menisco do seu xeonllo esquerdo

Malas noticias no parte médico. O gardameta Iván Villar foi sometido a unha resonancia magnética que confirmou que sofre unha rotura no menisco externo do seu xeonllo esquerdo. O porteiro celeste será sometido a unha artroscopia nos próximos días. Pola súa banda, Rafinha, Rubén Blanco, Juncà e Beauvue continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

Iago Aspas entra no XI ideal de LaLiga Fantasy

O dobrete de Iago Aspas este domingo ante o Villarreal segue recibindo recoñecementos. O dianteiro de Moaña forma parte do once ideal da xornada de LaLiga Fantasy. O dianteiro celeste, gañador do tres últimos Trofeos Zarra, xa acumula catro goles no que vai de tempada.

Rubén Blanco álzase co premio Xogador Estrella Galicia de outubro

Rubén Blanco recibiu este martes na cidade deportiva da Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de outubro, o seu segundo galardón no que vai de tempada. O porteiro celeste obtivo o 48% dos votos emitidos pola afección a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 28% dos votos … Continuación

Entradas desde 5 euros para o crucial choque do venres ante o Valladolid

A vitoria do pasado domingo ante o Villarreal puxo fin a case doce meses sen triunfos como visitante. O RC Celta mostrou unha notable melloría en competitividade, xogo e determinación para acabar con ese longo refacho de encontros sen vitorias fóra de casa. Este venres ante o Valladolid afronta un novo reto, tamén de máxima … Continuación

Anunciados os horarios da X20: o RC Celta visita San Mamés o domingo 19 de xaneiro

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 20, na que o RC Celta enfróntase ao Athletic Club. Os celestes visitarán ao equipo vasco o domingo 19 de xaneiro ás 18.30 horas e Movistar LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

Rafinha adestra con normalidade e recibe a alta médica

Boas noticias na enfermaría do RC Celta. Rafinha Alcántara completou con normalidade o adestramento deste xoves e recibiu a alta médica. O centrocampista celeste estará a disposición de Óscar García de cara ao importante partido de LaLiga ante o Valladolid. Pola súa banda, Beauvue, Juncà, Rubén Blanco e Iván Villar continúan cos seus respectivos procesos … Continuación

RC Celta – Valladolid: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da décimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Valladolid (venres, 21.00 Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rafinha, Lobotka, Olaza, Aidoo, Gabriel … Continuación

Óscar García: “Todos xuntos somos máis fortes”

O técnico celeste analiza o momento no que chega o equipo para o importante partido fronte ao Real Valladolid, correspondente á Xornada 15 de LaLiga.

Iago Aspas, no “Team of the Week” do FIFA 20 Ultimate Team

O gran partido de Iago Aspas o pasado domingo na Cerámica, onde o seu dobrete foi clave para que o RC Celta lograse o tres puntos a domicilio, permitiu ao dianteiro celeste entrar o "Team of de Week" da FIFA 20 Ultimate Team. O de Moaña recibiu unha caixa co xogo personalizado, Fifa Points e … Continuación

Iván Villar, operado con éxito polo doutor García Cota

O porteiro do RC Celta Iván Villar foi operado este venres de maneira satisfactoria polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, no Hospital Fremap de Vigo. O doutor celeste realizoulle unha artroscopia pola rotura de menisco externo do xeonllo esquerdo. O gardameta permanecerá de baixa ao redor de dez/doce semanas.