Rubén Blanco estará entre dúas e tres semanas de baixa

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta a Rubén Blanco confirma o diagnóstico inicial. O porteiro celeste, lesionado o pasado martes durante o adestramento sofre unha escordadura de grao I-II de ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo. O tempo de baixa estimado será dunhas dúas ou tres semanas.

O RC Celta xogará a primeira rolda da Copa o xoves 19 de decembro

A RFEF comunicou a lista de dezaseis partidos da primeira rolda da Copa do Rei que serán televisados, entre os que se atopa o encontro do RC Celta no campo do CDP Azagresa, conxunto navarro de Terceira División. O horario da eliminatoria será comunicado nos próximos días.

Como coida a alimentación un equipo de fútbol?

O Dr. Federico Mallo descúbrenos o importante labor do nutricionista no deporte de elite.

Kevin Vázquez e Santi Mina reciben a alta médica

Boas noticias no parte médico celeste. Kevin Vázquez e Santi Mina recibiron este venres a alta médica tras completar sen problemas o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros e ambos estarán a disposición de Óscar García para o encontro ante o Villarreal. Pola súa banda, Beauvue, Rafinha, Juncà e Rubén Blanco continúan cos seus … Continuación

Lobotka: “Teño boas sensacións para o próximo partido”

O centrocampista celeste comparece na sala de prensa da Madroa antes do partido de LaLiga contra o Villarreal (domingo, 18:30, La Cerámica).

Villarreal – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinteún xogadores para o partido da décimocuarta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Villarreal (domingo, 18.30, A Cerámica). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Lobotka, Olaza, Sáenz, Aidoo, … Continuación

Óscar García: “O traballo e competir moi ben é o que nos fará saír desta situación”

O técnico do RC Celta, Óscar García, repasa a situación do equipo antes do partido fronte ao Villarreal CF no estadio de La Cerámica, correspondente á Xornada 14 de LaLiga.

O RC Celta asina a súa primeira vitoria lonxe da calor hogareña (1-3)

O RC Celta conseguiu este domingo a súa primeira vitoria da tempada a domicilio tras vencer ao Vilarreal (1-3). Os de Óscar García foron superiores e levaron tres puntos vitais para tentar escalar posicións na clasificación. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Ambos equipos dispuxeron de chegadas perigosas, aínda que as máis claras foron … Continuación

Hugo Mallo engrandece a súa lenda: 350 partidos co RC Celta

Hugo Mallo é historia viva do RC Celta. O canteirán celeste sumou ante o Villarreal 350 partidos oficiais defendendo o escudo céltico, unha cifra só ao alcance doutro catro lendas do club: Vicente (350), Maté (368), Atilano (392) e Manolo (533). O de Marín debutaba co primeiro equipo en 29 de agosto de 2009 ante … Continuación

Resumo | Villarreal 1-3 RC Celta