FC Barcelona – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a vinte xogadores para o partido da décimo terceira xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao FC Barcelona (sábado, 21.00, Nou Camp). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén Branco, Lobotka, Olaza, … Continuación

O RC Celta estrélase contra Messi (4-1)

O RC Celta caeu ante o FC Barcelona (4-1) nun partido no que os celestes deron unha boa imaxe sobre o terreo de xogo. Un hat-trick de Messi decantou o choque a favor dos locais. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. Tanto RC Celta como FC Barcelona tiveron tramos nos que dominaron o encontro. … Continuación

Óscar García: “Estou moi orgulloso do traballo dos meus xogadores”

O adestrador do Real Club Celta comparece na sala de prensa do Camp Nou tras o partido da decimoterceira xornada de LaLiga ante o FC Barcelona.

Pape: “Vin unha nova cara do equipo”

O centrocampista Pape Cheikh, titular no primeiro partido de Óscar García ao fronte do RC Celta, atende a Celta Media tras a derrota 4-1 no Camp Nou: "Vin un novo equipo, con máis ganas e máis agresivo. Vamos sacar isto adiante".

Resumo | FC Barcelona 4-1 RC Celta

Boa imaxe do Celta na estrea de Óscar García como adestrador celeste. A pesar do resultado avultado (4-1), o cadro olívico ofreceu sensacións renovadas tras só catro adestramentos co novo corpo técnico. Un gran Messi, quen marcou un gol de penalti e dous de falta directa, decantou o encontro ao lado barcelonés. Lucas Olaza estreouse … Continuación

Brais Méndez: “Temos que dar un cambio, mellorar e comezar a sumar de tres en tres”

O canteirán celeste, Brais Méndez, fala en rolda de prensa cos medios de comunicación sobre as súas sensacións e as do equipo de cara aos próximos partidos de LaLiga.

O RC Celta medirase na Copa do Rei ao conxunto navarro Peña Azagresa

O RC Celta xa coñece o seu primeiro rival na Copa do Rei. O conxunto celeste medirase, como visitante, ao Club Deportivo Peña Azagresa, un histórico equipo navarro que superou ao Fraga parta participar na actual edición da competición de Copa. O encontro disputarase a mediados de decembro, os días 17, 18 ou 19, no … Continuación

Óscar: “Temos que igualar a ilusión e actitude do Azagresa”

"Temos que afrontar a eliminatoria coa mesma paixón que eles, coma se fose un partido de Primeira División". O RC Celta medirase ao CDP Azagresa, da Terceira División, na primeira rolda da Copa do Rei.

Rubén Blanco sofre unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo

Rubén Blanco sufriu unha escordadura no ligamento lateral interno do seu xeonllo esquerdo durante o adestramento deste martes pola tarde. O porteiro iniciará de inmediato a súa recuperación e o tempo de baixa dependerá da súa evolución.

Regresan os internacionais do RC Celta

Os catro futbolistas do RC Celta que estiveron concentrados coas súas respectivas seleccións durante o parón internacional xa disputaron todos os seus compromisos. O centrocampista Okay Yokuslu disputou os 90 minutos no empate ante Islandia que certificou a clasificación de Turquía para a próxima Eurocopa mentres que descansou no encontro ante Andorra. Pola súa banda, … Continuación