RC Celta – Getafe: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinte xogadores para o partido da decimosegunda xornada de LaLiga na que o RC Celta recibe ao Getafe (domingo, 18.30, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Juncà, Aidoo, … Continuación

O RC Celta estrélase contra o Getafe (0-1)

O RC Celta caeu este domingo ante o Getafe (0-1) nun mal encontro no que os celestes pagaron un erro defensivo. Os de Fran Escribá tentárono durante toda a segunda metade pero non tiveron fortuna nos últimos metros. FICHA TÉCNICA 0 - RC Celta: Rubén, Hugo Mallo, Aidoo (Losada, min 81), Araujo, Olaza, Lobotka (Pape, … Continuación

Fran Escribá non continuará como adestrador do RC Celta

Fran Escribá e o seu corpo técnico non seguirán á fronte do banco do RC Celta. O club desexa transmitir o seu máis sincero agradecemento, tanto ao adestrador valenciano como aos seus colaboradores polo seu traballo, profesionalidade e esforzo demostrado durante a súa etapa no RC Celta. Para o recordo da familia celtista quedará a … Continuación

Óscar García, novo adestrador do RC Celta

Óscar García Junyent convértese no novo adestrador do RC Celta tras o acordo alcanzado entre o club e o preparador español. Óscar (Sabadell, 1973) chega acompañado por tres axudantes e está previsto que este martes dirixa a súa primeira sesión preparatoria ao fronte do equipo. O novo técnico celeste acumula unha ampla bagaxe nos bancos. … Continuación

O RC Celta visibilizou a loita contra a violencia de xénero no seu último partido

"Fronte á violencia de xénero só cabe unha resposta: non". Así reza o lema co que os xogadores do RC Celta pousaron o pasado domingo nos prolegómenos do partido de LaLiga ante o Getafe. O club vigués, no seu compromiso cos valores e a sociedade, asinou un convenio coa Xunta de Galicia para apoiar a … Continuación

Óscar García asina en A Sede e dirixe o seu primeiro adestramento na Madroa

O presidente do RC Celta Carlos Mouriño e o técnico Óscar García asinaron esta mañá o contrato que vincula ao técnico ao conxunto celeste durante a presente tempada. O adestrador dirixirá esta tarde a partir das 16.30 horas a súa primeira sesión preparatoria para o partido do sábado ante o FC Barcelona. Con Óscar García … Continuación

Óscar García: “Para min é moi importante como se adestra”

O técnico catalán Óscar García ponse á fronte do banco celeste até final de tempada. Este martes selou o seu contrato co RC Celta na A Sede, dirixiu o seu primeiro adestramento en A Madroa e falou para os micrófonos de Celta Media: "Para min é moi importante como se adestra, xogar en campo contrario, … Continuación

Óscar García: “Quero que a afección estea orgullosa de cómo xogamos”

Óscar García Junyent foi presentado este mércores no Salón de Rexio da Sede como novo adestrador do RC Celta. O preparador catalán, que xa suma dúas sesións cos seus novos xogadores, mostrouse ambicioso o potencial do equipo. "Hai vimbias pero temos que traballar nalgunhas cousas que son moi mellorables e aí é onde imos incidir … Continuación

Juan Hernández abandona a enfermaría do RC Celta

Excelente noticias no parte médico. O extremo Juan Hernández recibiu este xoves a alta médica tras completar un día máis o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O futbolista murciano sufriu unha grave lesión de xeonllo en setembro de 2018 e o pasado mes de agosto realizóuselle unha artroscopia. Pola súa banda, Kevin Vázquez, … Continuación

Fran Beltrán, convocado de novo coa Sub-21

Fran Beltrán foi convocado coa Selección Española Sub-21 para os compromisos oficiais que o combinado nacional disputará ante Macedonia e Israel no próximo parón internacional.