Horario confirmado para o Alavés-RC Celta da xornada 9

LaLiga confirmou o horario correspondente á novena xornada de Primeira División. O conxunto celeste xogará en Vitoria o domingo 20 de outubro ás 12:00 no Estadio de Mendizorrotza. O encontro poderá seguirse en directo a través de Movistar LaLiga.

Toro Fernández garda repouso por un síndrome gripal

O dianteiro uruguaio Gabriel "Toro" Fernández gardou repouso este xoves por causa dunha síndrome gripal. O atacante é a principal novidade dun parte médico no que tamén se reflicte a boa evolución de David Costas e Rafinha, ambos xa adestrando co grupo. Por outra banda, Juan Hernández e Juncà continúan cos seus respectivos procesos de … Continuación

Rafinha e David Costas reciben a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría celeste. David Costas e Rafinha Alcántara recibiron este venres a alta médica tras completar con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. Ambos futbolistas estarán a disposición do adestrador Fran Escribá de cara ao importante partido de mañá sábado ante o Atlético de Madrid.

Atlético de Madrid – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da quinta xornada de LaLiga, na que o RC Celta visita ao Atlético de Madrid (sábado, 18:30, Wanda). A listaxe completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Costas, Araujo, Okay, Denis Suárez, Iago Aspas, Pione Sisto, Rafinha, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Aidoo,  … Continuación

Escribá: “Temos que ser valentes e buscar portaría”

O adestrador celeste Fran Escribá compareceu na sala de prensa da Madroa un día antes do enfrontamento ligueiro ante o Atlético de Madrid (sábado, 18:30, Wanda Metropolitano). O técnico valenciano ha analizado ao rival colchoneiro e anunciado a recuperación de Rafinha e David Costas: "Temos que ser valentes e buscar portaría", subliñou.

Trabajado empate do RC Celta no Metropolitano (0-0)

O RC Celta conseguiu un merecido empate ante o Atlético de Madrid (0-0) no Metropolitano nun encontro no que os de Fran Escribá mostraron a súa coraxe para aguantar as acometidas locais. A primeira parte estivo marcada pola igualdade. O conxunto celeste fíxose co control do balón mentres que os branquivermellos creaban perigo a balón … Continuación

Resumo | Atlético 0-0 RC Celta

O RC Celta logrou un traballado empate no sempre complicado estadio do Atlético de Madrid (0-0). Os celestes ofreceron unha boa imaxe, controlando o balón durante boa parte do encontro, aínda que sen definición na finalización das xogadas. Mención aparte para Rubén Blanco, quen se luciu na portaría celeste cun bo repertorio de paradas.

David Juncà recibe a alta médica

O lateral zurdo David Juncà recibiu este luns a alta médica tras completar sen ningún tipo de limitación o adestramento co resto dos seus compañeiros. O defensor sufriu unha subluxación no seu ombreiro dereito o pasado 6 de agosto tras unha forte caída. Desta maneira, o defensor estará a disposición de Fran Escribá de cara … Continuación

Escribá: “Sacarei o mellor once para gañar”

Fran Escribá comparece na rolda de prensa antes do partido de LaLiga ante o RCD Espanyol. O técnico celeste analiza o estado do equipo celeste, o xogo do rival e as claves do partido: "Sacarei o mellor once para gañar".

LaLiga anuncia os horarios das xornadas 10, 11 e 12

O RC Celta xa coñece os horarios correspondentes ás xornadas 10, 11 e 12 do campionato de Primeira División. Os celestes reciben á Real Sociedad o domingo 27 de outubro ás 12:00 en Abanca Balaídos (Movistar LaLiga), visitan o estadio do Real Betis o mércores 30 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga) e enfróntanse ao … Continuación