Néstor Araujo e Fran Beltrán, titulares coas súas seleccións

Fran Beltrán e Néstor Araujo foron titulares coas súas respectivas seleccións nos seus últimos compromisos internacionais. Beltrán xogou até o minuto 72 coa Sub-21 española na vitoria 2-0 ante Montenegro en partido clasificatorio para o Europeo, mentres que o central mexicano disputou os 90 minutos do amigable ante Arxentina. A Selección de México caeu derrota … Continuación

Os internacionais Beltrán e Lobotka reincorpóranse aos adestramentos

Os centrocampistas Fran Beltrán e Stanislav Lobotka xa preparan o próximo partido ante a Granada (domingo, 16:00, Abanca Balaídos) baixo as ordes de Fran Escribá. Os dous futbolistas reincorporáronse este mércores aos adestramentos na Madroa tras completar os seus compromisos internacionais. Beltrán foi titular onte martes coa Selección Española na vitoria 2-0 ante Montenegro, completando … Continuación

Escribá: “Non esquecer a humildade coa que nos salvamos fará que sexamos máis fortes”

Celta Media entrevista ao adestrador celeste Fran Escribá, unha charla na que o técnico se mostra ilusionado pero humilde de face aos obxectivos da tempada. "Aínda é pronto para empezar a facer un balance, pero as sensacións do equipo son boas. Completouse un plantel ilusionante", comenta Escribá, quen tamén destaca "que haxa xente tan identificada" … Continuación

O RC Celta recupera a tódolos seus xogadores co regreso de Néstor Araujo

O plantel do RC Celta xa está ao completo. Tras os regresos dos internacionais Okay, Beltrán e Lobotka nos últimos días, este xoves foi a quenda de Néstor Araujo, último xogador que estaba pendente de retornar aos adestramentos do equipo na Madroa. O defensor mexicano foi convocado polo seu seleccionador para dous encontros amigables: ante … Continuación

Okay Yokuslu recibe a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría celeste. O centrocampista Okay Yokuslu recibiu este venres a alta médica tras caer lesionado o pasado 30 de maio durante un partido coa selección de Turquía, encontro no que sufriu unha rotura parcial do ligamento cruzado posterior o xeonllo dereito. O mediocentro estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o … Continuación

Fran Escribá: “O Granada é un equipo valente”

O adestrador celeste Fran Escribá compareceu ante os medios este sábado, día previo ao enfrontamento ligueiro ante a Granada. O técnico valenciano analizou ao próximo rival, un equipo "moi ben confeccionado" e "versátil" que non porá as cousas fáciles en Abanca Balaídos. Escribá tamén adiantou que a lesión de Rafinha é leve e, se os … Continuación

RC Celta – Granada: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da cuarta xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Granada (domingo, 16:00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Sergio Álvarez, Hugo Mallo, Araujo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Pione Sisto, Rubén Blanco, Lobotka, Olaza, Saénz, Aidoo, Gabriel … Continuación

Santi Mina: “Demostramos personalidade”

O atacante celeste atende ás cámaras de Celta Media trala derrota 0-2 ante o Granada, un partido condicionado polas expulsións dos célticos Jorge Sáenz e Fran Beltrán nos primeiros trinta minutos de xogo: "Demostramos a personalidade que temos e ao final faremos un gran papel en LaLiga".

O RC Celta paga a inferioridade numérica ante o Granada (0-2)

O RC Celta perdeu este domingo ante o Granada (0-2) nun partido marcado polas dúas expulsións que sufriron os xogadores celestes na primeira media hora. O equipo andaluz adiantouse no marcador pouco antes do descanso e ampliou a súa renda no segundo tempo. A primeira metade estivo condicionada polos cartóns vermellos a Sáenz e Beltrán. … Continuación

RESUMO | RC Celta 0-2 Granada CF

O RC Celta non puido puntuar en Abanca Balaídos trala derrota por 0-2 fronte ao Granada CF. O conxunto andaluz adiantouse grazas aos goles de Germán Sánchez e Yangel Herrera. Os locais víronse cunha doble inferioridade numérica á media hora de partido, polas expulsións de Jorge Sáenz e Fran Beltrán, ambas tras actuar o VAR.