‘Un dos nosos’ para pechar un ilusionante plantel: Rafinha chega ao RC Celta

O último día do mercado de fichaxes sáldase para o RC Celta cun retorno especialmente ilusionante. Rafinha Alcántara regresa, pendente da revisión médica, ao conxunto celeste en calidade de cedido para completar un plantel con once canteiráns que xerou un gran entusiasmo no celtismo. Rafinha creceu en Vigo, 'xogou' en Balaídos sendo un neno e … Continuación

Rafinha pasa recoñecemento e plasma a súa firma en A Sede

Rafinha Alcántara pasou recoñecemento médico esta noite e asinou o seu contrato co RC Celta na Sede. O futbolista celeste someteuse ás probas de imaxe na clínica Gaias, entidade colaboradora da Clínica RC Celta, e completou o seu recoñecemento neste último centro, na rúa do Príncipe. Rafinha lucirá, como na súa anterior etapa no RC … Continuación

Presentación de Rafinha: este xoves ás 20.00 horas en Abanca Balaídos

A presentación de Rafinha Alcántara como novo xogador do RC Celta, a última da 'Operación Retorno' e que redondea unha dos persoais máis ilusionantes da historia do club, será este xoves no estadio Abanca Balaídos a partir das 20.00 horas. Os afeccionados poderán acceder á bancada de Tribuna Baixa polas portas 3 e 8 desde media hora … Continuación

Joseph Aidoo: “Ver o meu nome na camiseta foi precioso”

O defensa internacional con Ghana e nova fichaxe celeste para esta tempada, Joseph Aidoo, estivo cos compañeiros de Celta Media para repasar as súas primeiras sensacións ao vestir a camiseta do RC Celta.

Rafinha: “Sei que aquí serei feliz e poderei sacar o mellor de min”

Rafinha Alcántara volve vestir a celeste. O centrocampista, que xa defendeu o escudo do RC Celta na 2013/14, presentouse no estadio Abanca Balaídos como a última fichaxe para a nova tempada. Acompañado por María José Táboas, conselleira do club, e Mario Bermejo, membro da secretaría técnica, o talentoso futbolista transmitiu en todo momento felicidade polo … Continuación

Novo horario para o RC Celta v Athletic da xornada 8

LaLiga anunciou unha modificación nos horarios da xornada 8. O RC Celta - Athletic, programado nun principio para o día 4 de outubro ás 21:00, xogarase finalmente o domingo 6 de outubro ás 14:00 en Abanca Balaídos.  

O RC Celta empata co Famalicao en partido de adestramento

O RC Celta disputou este venres un partido de adestramento a porta pechada no estadio Abanca Balaídos ante o actual líder da primeira división portuguesa, o Famalicao. O partido finalizou con empate 1-1 grazas a un gran tanto de Pione Sisto. No encontro, ademais de xogadores do primeiro equipo, tamén participaron algúns futbolistas do Celta … Continuación

Lobokta e Beltrán suman minutos coas suas seleccións

Protagonismo dispar para os internacionais celestes nos primeiros compromisos do parón de seleccións de setembro. Lobotka foi titular e completou o partido na derrota de Eslovaquia ante Croacia (0-4), Fran Beltrán xogou o últimos dezaoito minutos no triunfo no triunfo da Selección Española Sub-21 fronte a Kazajistán (0-1) e Néstor Araujo non participou na goleada … Continuación

Rafinha permanecerá unhas dúas semanas de baixa

O centrocampista Rafinha Alcántara estará unhas dúas semanas de baixa por unha rotura fibrilar de grao I no sóleo da súa perna esquerda. O xogador celeste lesionouse durante o adestramento deste luns na Madroa. Doutra banda, David Costas, David Juncà, Okay Yokuslu e Juan Hernández continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

Lobotka regresa a Vigo tras dúas titularidades coa Selección de Eslovaquia

O centrocampista celeste Stanislav Lobotka puxo este luns punto e final aos seus compromisos internacionais do mes de setembro. O eslovaco, que xa fora titular na derrota 0-4 ante Croacia, volveu formar parte do once inicial ante Hungría. O céltico xogou os 90 minutos e asinou unha asistencia, a do segundo gol, na vitoria 1-2 … Continuación