O canteirán Santi Mina estará unhas tres semanas de baixa

A resonancia magnética realizada polos servizos médicos do RC Celta ao canteirán Santi Mina, lesionado no tramo final do partido amistoso disputado o pasado martes ante o CD Tenerife, confirma o diagnóstico inicial. O dianteiro sofre un esguince de grado II no seu nocello dereito e o tempo de baixa estimado será dunhas tres semanas. … Continuación

O central Facundo Roncaglia xogará no Club Atlético Osasuna

RC Celta e CA Osasuna pecharon esta tarde un acordo para o traspaso ao club navarro do central Facundo Roncaglia, quen chegou ao conxunto celeste na campaña 2016/2017. O club quere expresarlle ao defensor arxentino o seu agradecemento pola súa dedicación e entrega durante a súa estancia no RC Celta e desexarlle un gran éxito … Continuación

O fútbol regresa este sábado a Abanca Balaídos co Memorial Quinocho

O RC Celta volve este sábado a Abanca Balaídos case tres meses despois do seu último partido no estadio vigués. O conxunto celeste medirase á SS Lazio (20.00 horas), vixente campión da Copa de Italia, con motivo do XXIV edición do Trofeo Memorial Quinocho. O encontro servirá ademais para presentar ao primeiro equipo antes de … Continuación

Carta de Facundo Roncaglia ao celtismo

O defensa arxentino Facundo Roncaglia, que defendeu a camiseta do RC Celta durante o últimas tres tempadas, quixo despedirse cunha carta do club e de todo o celtismo antes de comezar unha nova etapa profesional. Queridos amigos. Hoxe péchase unha etapa onde crecín como profesional e persoa. Só teño palabras de agradecemento aos compañeiros cos … Continuación

A SS Lazio vence no XXIV Trofeo Memorial Quinocho (1-2)

O RC Celta non puido coa SS Lazio no XXIV Memorial Quinocho, disputado no estadio Abanca Balaídos. O conxunto italiano adiantouse nada máis comezar o encontro, cun tanto de Immobile. Os de Escribá, con moita calidade de mediocampo cara arriba, tentaron lograr a igualada, pero foi de novo o conxunto romano e Immobile os que … Continuación

Rubén Blanco: “Chegamos con boas sensacións e ganas de comezar LaLiga”

O porteiro celeste Rubén Blanco comparece ante os medios de comunicación días antes do arranque ligueiro, no que o RC Celta medirase ao Real Madrid no estadio Abanca Balaídos (sábado 17 de agosto, 17:00). As entradas para este partido esgotáronse.

Pape redondea a ‘aliñación’ de canteiráns do RC Celta: 11 xogadores de casa



A previa de Escribá: “Non imos renunciar ao control do xogo”

O adestrador celeste compareceu ante os medios de comunicación antes do primeiro partido de LaLiga 2019/20 ante o Real Madrid (sábado 17 de agosto, 17:00 CEST, Abanca Balaídos).

RC Celta – Real Madrid: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a dezanove xogadores para o partido da primeira xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Real Madrid (sábado, 17:00, Abanca Balaídos). A lista completa fórmana: Rubén Blanco, Iván Villar, David Costas, Araujo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Iago Aspas, Pione Sisto, Lobotka, Olaza, Jorge Sáenz, … Continuación

O RC Celta non saca rédito do seu ataque explosivo ante o Real Madrid (1-3)

O RC Celta caeu este sábado ante o Real Madrid (1-3) na primeira xornada de LaLiga. Os de Fran Escribá dispuxeron de varias ocasións claras de gol durante os 90 minutos pero pagaron a efectividade do conxunto branco. A primeira metade estivo marcada pola igualdade. O Real Madrid adiantouse no marcador tras unha posible falta … Continuación