Unión Berlín – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinte e catro xogadores para os partidos que o RC Celta disputará en Alemaña ante a Unión Berlín. A lista completa confórmana: Rubén, Iván Villar, Fran Vieites, Olaza, Juncà, Fontán Costas, Araujo, Aidoo, Jorge Sáenz, Kevin, Sergio Carreira, Jozabed, Lobotka, Dani Molina, Fran Beltrán, Denis Suárez, … Continuación

O RC Celta xogará un amigable ante o CD Tenerife en Melgaço

O RC Celta disputará o vindeiro martes 6 de agosto un novo partido de pretemporada. O conxunto celeste medirase ao CD Tenerife en Melgaço a partir das 20.00 (hora española). O amigable ante o equipo insular é o sexto confirmado tras os xa disputados ante CD Lugo e Lille e os que están pendentes ante … Continuación

Emre Mor xogará cedido no Galatasaray

O extremo celeste Emre Mor xogará cedido no Galatasaray ata final da tempada 2019/20 tras o acordo alcanzado por ambos os clubs e o xogador. O equipo turco, ademais, terá unha opción de compra. O RC Celta deséxalle o maior dos éxitos durante esta cesión.

Un sólido RC Celta vence ao Unión Berlín en Alemaña (0-3)

O RC Celta impúxose a domicilio á Unión Berlín (0-3) nun encontro no que os de Fran Escribá demostraron o seu perigo en distintos rexistros do xogo. Unha sensacional combinación entre Denis Suárez e Brais Méndez finalizada polo canteirán de Mos adiantou aos celestes excedido o cuarto de hora. Durante o primeiro tempo, varias boas … Continuación

Iago Aspas sofre un traumatismo no seu xeonllo dereito

Iago Aspas tívose que retirar lesionado do encontro ante a Unión Berlín tras un choque cun xogador rival. O canteirán celeste sofre un forte traumatismo no seu xeonllo dereito, moito máis doloroso do habitual ao estar afectado un nervio da articulación.

Á venda as entradas do RC Celta – CD Tenerife do martes en Melgaço

O RC Celta afronta este martes o seu cuarto compromiso de pretemporada ante o CD Tenerife. Ata a data, a preparación é inmellorable con vitorias ante CD Lugo (3-0), Lille (1-0) e Unión Berlín (3-0). O club puxo á venda a un prezo de 10 euros as entradas para os afeccionados que queiran asistir ao … Continuación

ENTREVISTA | Adaptación e ambición, claves dun bo inicio para Jorge Sáenz

O novo xogador do RC Celta, Jorge Sáenz, analiza a súa chegada e adaptación ao equipo. O futbolista canario destaca o valor da canteira e mostra as súas ganas de arrancar xa a Liga. A súa gran ambición é bo síntoma da ledicia que ten de debutar en Primeira División.

RC Celta – CD Tenerife: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a veintidos xogadores para os partidos que o RC Celta disputará en Melgaço ante o CD Tenerife (martes, 6/8/19 ás 20.00 horas) A lista completa confórmana: Rubén, Iván Villar, Fran Vieites, Olaza, Juncà, Costas, Araujo, Aidoo, Jorge Sáenz, Kevin, Sergio Carreira, Jozabed, Lobotka, Dani Molina, Fran Beltrán, … Continuación

O RC Celta sofre a súa su primeira derrota de pretempada ante o Tenerife (0-1)

Un solitario tanto do CD Tenerife na segunda parte, obra de Malbasic, decantou o amigable contra o RC Celta en Melgaço a favor do conxunto tinerfeño. Fran Escribá iniciou o partido aliñando a algúns dos menos habituais nesta pretemporada, incluídos os canteiráns Carreira, Bermejo, Losada e Lauti. Nun choque carente de grandes ocasións, o Tenerife … Continuación

Santi Mina sofre unha escordadura de grao II e Juncà subluxación no ombreiro

O dianteiro Santi Mina e o lateral zurdo David Juncà sufriron senllas lesións, o canteirán no nocello e o defensor no ombreiro, no partido disputado onte en Melgaço ante o CD Tenerife. Santi Mina padece unha escordadura lateral de grao II no seu nocello dereito e a radiografía realizada onte á noite descarta a existencia … Continuación