O RC Celta logra outro esperado regreso: Santi Mina volve a casa

O RC Celta acaba de pechar o retorno dun dos canteiráns máis queridos e que máis pegada deixou no celtismo, co que conviviu desde que tiña nove anos de idade e ingresou na canteira celeste. Santi Mina regresa ao seu equipo tras catro tempadas lonxe de Vigo unha vez selado o acordo entre o club … Continuación

Maxi Gómez xogará no Valencia CF a próxima tempada

O RC Celta e a Valencia CF alcanzaron un acordo para o traspaso de Maxi Gómez, que abandona o conxunto celeste despois de dúas tempadas. O RC Celta gárdase unha porcentaxe dunha futura venda. O gran rendemento de Maxi Gómez no club vigués, onde anotou 31 goles e repartido 10 asistencias nas dúas tempadas que … Continuación

O RC Celta pon rumbo á concentración na Toxa

O primeiro equipo partiu na tarde deste domingo cara á Toxa, onde se concentrará durante a próxima semana. O equipo celeste afrontará durante os próximos días un intenso plan de adestramentos, con dobres sesións, que culminará co primeiro partido amigable desta pretempada: o vindeiro sábado 20 de xullo ante o CD Lugo no Campo de … Continuación

Jorge Sáenz: contundencia, anticipación e rapidez para a zaga do RC Celta



Á venda este martes as entradas para o partido de pretempada ante o CD Lugo

Este martes ponse á venda as entradas para o partido que enfrontará a RC Celta e CD Lugo o vindeiro sábado. As localidades, que teñen un prezo de 15 euros para Tribuna e 10 euros para o resto de bancadas, pódense adquirir na cantina do campo de Baltar (Portonovo) en horario de 09.00 a 21.00. … Continuación

Jorge Sáenz: “Traballarei e competirei ao máximo nivel”

Abanca Balaídos acolleu na tarde deste luns, apenas unhas horas despois de anunciar a súa fichaxe, a presentación do internacional Sub-21 Jorge Sáenz. O defensa central estivo acompañado na súa posta de longo como xogador celeste pola conselleira María José Táboas e o director deportivo Felipe Miñambres. "Traballarei e competirei ao máximo nivel", asegurou o … Continuación

Presente e futuro, ilusión e orgullo: canteira

Nada é casualidade. As imaxes que lle regala ao celtismo a concentración do RC Celta na Toxa moven ao orgullo, a ilusión e a esperanza. Representan o presente e o futuro do club, compendian o traballo de moitos anos, recollen o esforzo de xogadores, dirixentes e afeccionados. Dezaseis canteiráns traballan xuntos cada día no campo … Continuación

Entrevista exclusiva con Santi Mina: “Volver á casa é un orgullo”

"Volver á casa é un orgullo". Celta Media entrevista ao canteirán celeste, que regresa a Vigo tras catro tempadas no Valencia CF. Este venres, a partir dlas 18:45, segue a súa presentación en directo na nosa canle de YouTube

Okay comenzará a adestrar progresivamente co grupo a próxima semana

O xefe dos servizos médicos do RC Celta, Juan José García Cota, explicou este xoves na Toxa o estado do centrocampista Okay Yokuslu, de baixa desde o pasado 30 de maio por mor dunha rotura parcial do ligamento cruzado posterior do xeonllo dereito. "Cando se produciu a lesión estivemos en permanente contacto co servizo médico da … Continuación

ENORMES! Iago Aspas e Sergio entrevistan á nosa canteira

Presente e futuro, ilusión e orgullo. Dezaseis canteiráns (dez do primeiro equipo e seis do filial) están a realizar a pretempada ás ordes de Fran Escribá. Os veteráns Iago Aspas e Sergio aprópianse do micrófono de Celta Media para presentarnos a algúns deles.