Celta-Levante: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Levante UD (Balaídos, 13:00), entre eles aos xogadores do filial Fran Vieites (portero) e Dani Molina (centrocampista). A listaxe completa fórmana Sergio, Fran, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Jonny, Mazán, Lobotka, Radoja, Dani Molina, … Continuación

A previa de Unzué: Celta-Levante

window.fbAsyncInit = function() { FB.init({ xfbml : true, version : ‘v2.5’ }); }; (function(d, s, id){ var js, fjs = d.getElementsByTagName(s)[0]; if (d.getElementById(id)) {return;} js = d.createElement(s); js.id = id; js.src = “//connect.facebook.net/en_US/sdk.js”; fjs.parentNode.insertBefore(js, fjs); }(document, ‘script’, ‘facebook-jssdk’));

Aspas e Maxi, unha parella goleadora de récord

Iago Aspas e Maxi Gómez despediron a tempada marcando senllos dobretes na vitoria 4-2 ante o Levante, uns goles cos que han pulverizado algúns das marcas históricas do RC Celta. Con 22 goles anotados na 2017/18, Iago Aspas convértese no máximo goleador do club vigués nunha tempada de Primeira División igualado co mítico Mauro. Ademais, … Continuación

Balaídos despide a tempada cunha goleada de récords (4-2)

O RC Celta dixo adeus á campaña 2017/18 cunha goleada ante o Levante (4-2). A choiva de goles veu acompañada dun puñado de marcas con Iago Aspas e Maxi Gómez como grandes protagonistas. O galego e o uruguaio igualaron os 39 goles de Hermidita e Atienza, a parella máis goleadora da historia do club nunha … Continuación

Juan Carlos Unzué non continuará no RC Celta a próxima tempada

Juan Carlos Unzué e o seu corpo técnico non continuarán no RC Celta a próxima tempada. O club e o adestrador selaron de mutuo acordo a resolución do contrato do técnico e os seus colaboradores, Robert Moreno, Rafel Pol, Joaquín Valdés e Aitor Unzué, que xa se desvincularon da entidade celeste. O Real Club Celta … Continuación

Prazos de recuperación curtos para as lesións de Rubén e Tucu

As ecografías realizadas aos xogadores Rubén Blanco e Tucu Hernández confirmaron que as lesións de ambos os xogadores son leves e non suporán un tempo de baixa prolongado. O porteiro galego sofre unha rotura fibrilar de grao I no bíceps femoral dereito, doenza para a que os servizos médicos preveen unha semana de recuperación. Aínda … Continuación

Iago Aspas, con España ao Mundial de Rusia

O RC Celta e a afección recibiron con gran orgullo e alegría a convocatoria do canteirán Iago Aspas coa selección española para a Copa do Mundo de Rusia, que se disputa o próximo verán. O dianteiro realizou unha tempada excepcional na que anotou 22 goles, cifra que lle permitiu converterse no máximo goleador do club … Continuación

O segundo dúo máis letal da Liga acumula recoñecementos

Iago Aspas e Maxi Gómez, unha das parellas máis letais da tempada en Primeira División, forman parte do once ideal da xornada 38 de LaLiga, último da 2017/18. Os dobretes marcados por ambos os dianteiros ante o Levante, fixéronlles merecedores deste recoñecemento. Ademais, os dous futbolistas celestes foron seleccionados pola web oficial da UEFA. O … Continuación

Iago Aspas: «No Mundial quero xogar o máximo posible e ser campión»

Onde e con quen viches a lista de convocados ao Mundial? Na miña casa, coa miña muller e o meu fillo. A primeira chamada que recibiches. O meu irmán Jonathan. E o whatsapp saturado, aínda o teño a día de hoxe. A primeira chamada que fixeches. Chamei á miña nai. Está moi orgullosa do seu … Continuación

Antonio Mohamed, adestrador do RC Celta para as dúas próximas tempadas

O RC Celta abre unha ilusionante etapa no aspecto deportivo coa contratación dun técnico cunha longa e exitosa experiencia en Arxentina e México e unha proposta futbolística que encaixa á perfección na filosofía do club. Antonio Mohamed será adestrador celeste as dúas próximas tempadas, o que garante bo fútbol e ambición no equipo vigués. Antonio … Continuación