A previa en dez datos: Celta-Barça

Desde o inicio da tempada 2014/15, o Celta é o equipo que máis partidos gañoulle ao Barcelona na liga (tres). En Balaídos, os vigueses gañaron os seus dous últimos encontros ligueiros ante o Barcelona, marcando catro goles en cada un deles, tras non gañar nos cinco anteriores (1E 4D). O equipo galego non perdeu nos … Continuación

A ecografía descarta unha rotura fibrilar na lesión de Tucu

A ecografía realizada ao centrocampista celeste Pedro Pablo 'Tucu' Hernández descartou a posibilidade dunha rotura fibrilar no bíceps femoral dereito. O futbolista sofre unha elongación do semitendinoso que o manterá de baixa uns sete días.

Un Celta épico quédase ás portas da fazaña (2-2)

Intenso, sen tregua... e cun reguero continuo de ocasións para o RC Celta. O cadro de Juan Carlos Unzué protagonizou un dos mellores partidos da tempada cunha actuación eléctrica, chea de intensidade e entrega. Tanto no primeiro tempo como no segundo, os celestes non deixaron de sumar oportunidades para marcar, suficientes como para asinar unha … Continuación

Iago Aspas sufriu unha lesión muscular durante o partido ante o Barça

Iago Aspas sufriu unha lesión muscular no bíceps femoral da perna dereita no tramo final do partido de Liga ante o FC Barcelona. O diagnóstico definitivo comunicarase unha vez se realicen as probas médicas pertinentes.

Jozabed cumpliu cincuenta partidos co RC Celta

Jozabed Sánchez (1991, Mairena de Alcor) sumou ante o FC Barcelona o seu partido oficial número cincuenta coa camiseta do RC Celta. O andaluz foi titular no empate a doses ante o cadro blaugrana e mantívose no terreo de xogo ata o minuto 73, no que foi substituído por Radoja. Jozabed chegou a Vigo en … Continuación

Iago Aspas entra no club dos veinte

A soberbia actuación de Iago Aspas ante o FC Barcelona (2-2) veu acompañada dun novo fito do galego na historia do RC Celta. Ante o conxunto blaugrana, o canteirán celeste anotou o seu vixésimo gol en LaLiga 2017/18, converténdose no primeiro futbolista do club vigués en alcanzar esta cifra desde a campaña 1956/57. Naquela tempada, … Continuación

Aspas sofre unha rotura fibrilar de grao I: unhas tres semanas de baixa

A ecografía realizada esta tarde polos servizos médicos do RC Celta ao dianteiro Iago Aspas revela a existencia dunha rotura fibrilar de grao I na porción longa do bíceps femoral dereito do futbolista. O canteirán celeste permanecerá de baixa ao redor de tres semanas. Iago lesionouse no tramo final do partido do pasado martes fronte … Continuación

LaLiga anuncia o horario do derbi galego en Balaídos

LaLiga anunciou os horarios correspondentes á xornada 36 do campionato, na que o RC Celta recibe ao RC Deportivo en Balaídos. 'O Noso Derbi' xogarase o sábado 5 de maio ás 18:30 horas.

Sergio: “A afección merece que pelexemos por Europa ata o último minuto”

Celta-Valencia: convocatoria

O adestrador do RC Celta, Juan Carlos Unzué, convocou a 18 xogadores para o partido deste sábado ante o Valencia CF (Balaídos, 16:15), entre eles aos xogadores do filial Brais Méndez e Víctor Pastrana. A listaxe fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Roncaglia, Mazán, Pastrana, Lobotka, Radoja, Wass, Jozabed, Brais, Boyé, Sisto, … Continuación