Dor e Rabia: Celta e Las Palmas contra os incendios

  O RC Celta e a UD Las Palmas expresarán esta noite con diferentes iniciativas a súa condena e pesar pola vaga de incendios rexistrados en Galicia, Asturias e Portugal e a súa consternación e dor polas vítimas mortais. Os xogadores de ambos equipos lucirán antes do comezo do partido camisetas nas que poderá lerse … Continuación

CRÓNICA | Gran goleada do Celta nunha noite especial

(2-5) Foi un partido marcado pola traxedia dos incendios que devastan Galicia, Asturias e Portugal. Impregnado pola dor e a rabia, pero tamén pola solidariedade e o orgullo. E foi un partido de fútbol intenso, no que o Celta arrasou en ataque e púxose cunha vantaxe de tres goles. Despois, incrible expulsión de Rubén , … Continuación

Xa hai data para o Celta-Athletic da X11

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 11, na que o RC Celta recibe ao Athletic Club. Os de Unzué mídense ao conxunto bilbaíno o domingo 5 de novembro ás 16:15 horas, partido que beIN Sports LaLiga retransmitirá en directo.

Iago Aspas alcanza os 250 partidos co Celta

Iago Aspas é lenda viva do RC Celta. O canteirán sumou onte nas Palmas o seu partido oficial 250 coa camiseta celeste e celebrouno da mellor maneira posible: co brazalete de capitán e estreando a súa conta goleadora nesta tempada con tres goles no mesmo escenario onde a pasada campaña asinou un dobrete. Aspas xa … Continuación

Aspas “MVP” e Tucu, no once ideal da xornada 8

O gran partido de Iago Aspas ante a UD As Palmas valeulle o recoñecemento por parte de LaLiga como Mellor Xogador da Xornada. Ademais do galego, o Tucu Hernández tamén foi incluído entre o once futbolistas mellor valorados da oitava xornada. O Celta é o equipo que máis xogadores achega ao once ideal desta data … Continuación

Fontàs, centenario en Primeira co RC Celta

O central celeste Andreu Fontàs (1989, Banyoles) sumou a pasada xornada ante As Pamas o seu partido número cen en Primeira División coa camiseta do RC Celta. O futbolista catalán acumula 8.531 minutos xogados nese centenar de encontros, nos que ademais asinou dous goles e unha asistencia. Fontàs chegou ao RC Celta no verán de … Continuación

O RC Celta recurrirá a sanción dun partido a Rubén

O Comité de Competición da Federación Española de Fútbol acordou hoxe sancionar cun partido de suspensión ao porteiro Rubén Blanco, expulsado no minuto 51 do partido Las Palmas-Celta do pasado luns correspondente á oitava xornada de LaLiga. O RC Celta presentará recurso ante o Comité de Apelación.

Emre Mor, oitavo nos Golden Boy 2017

O futbolista celeste Emre Mor, un dos 25 finalistas ao prestixioso galardón Golden Boy do diario deportivo italiano Tuttosport, foi valorado finalmente como o oitavo mellor xogador europeo menor de 21 anos por un xurado formado por xornalistas especializados. O gañador do trofeo nesta edición foi Mbappe, futbolista do PSG, que toma a substitución de … Continuación

O Celta volve asaltar Ipurúa e toma vantaxe na Copa (1-2)

kWidget.embed({ “targetId”: “kaltura_player_1509970882”, “wid”: “_3001118”, “uiconf_id”: 30023330, “flashvars”: { “streamerType”: “hds” }, “cache_st”: 1509970882, “entry_id”: “0_e2hr04sj” });

A previa en 10 datos: Málaga-Celta

o O Málaga está ante o peor inicio da súa historia na liga, tras obter un só punto en nove xornadas (1E 8D). o Tamén é a primeira vez na súa historia que o conxunto andaluz encaixa polo menos un gol en todos e cada un do primeiros nove partidos dunha tempada na liga (18 … Continuación