Á venda as entradas para o Celta-Alavés da X3

LaLiga volve a Balaídos o vindeiro domingo 10 de setembro tras a semana de parón de seleccións. O Celta recibe ás 18:30 no estadio vigués ao Deportivo Alavés, rival dos celestes na semifinal copeira da tempada pasada, co obxectivo de sumar o primeiros tres puntos da tempada.   O prezo das entradas mantense respecto da … Continuación

Tucu viviu no banco a derrota de Chile ante Paraguai

  O centrocampista celeste Pablo 'Tucu' Hernández, internacional coa Selección de Chile, presenciou a derrota do combinado chileno ante Paraguai desde o banco. 'La Roja' caeu por 0-3 neste encontro disputado en Santiago de Chile, clasificatorio para o Mundial 2018. Chile viaxará agora a Bolivia para medirse ao combinado nacional deste país o martes 5 … Continuación

Sisto, Lobotka e Iván xogan este venres coas súas seleccións

  O RC Celta conta con ata 7 futbolistas internacionais nesta 'Data FIFA'. Iago Aspas, Radoja, Tucu, Sisto, Lobotka e Emre Mor foron chamados polas seleccións absolutas, mentres que o porteiro Iván Villar forma parte da lista de España Sub-21. Os primeiros en afrontar partidos cos seus combinados nacionais, este venres, serán Sisto, Lobotka e … Continuación

Así lle está indo aos internacionais celestes

  O RC Celta conta con ata 7 futbolistas internacionais nesta 'Data FIFA'. Iago Aspas, Radoja, Tucu, Sisto, Lobotka e Emre Mor foron chamados polas seleccións absolutas, mentres que o porteiro Iván Villar forma parte da lista de España Sub-21. Os celestes tiveron sorte dispar nos seus primeiros compromisos, desde Iago Aspas ou Tucu sen … Continuación

O adeus de Pape: “O Celta significa todo para min”

  Pape Cheikh despediuse este luns do RC Celta e o celtismo nunha emotiva rolda de prensa. O xa xogador do Olympique Lyonnais  regresou a Vigo para dicir adeus ao club no que se formou e co que creceu desde categorías inferiores ata a Primeira División. O canteirán céltico dedicou unhas cariñosas palabras a toda a … Continuación

O Celta recibe ao Girona pola X7 un venres ás 21:00

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 7 de Primeira División. O RC Celta recibe ao Girona FC en Balaídos o venres o 29 de setembro ás 21:00. GOL retransmitirá o partido en aberto. Consulta o calendario completo do equipo AQUÍ.  

Golazo de Lobotka con Eslovaquia e titularidade de Sisto con Dinamarca

  Lobotka, a sensación eslovacaStanislav Lobotka está a ser unha das sensacións da Selección de Eslovaquia. Tras asinar unha actuación sobresaliente ante Eslovenia que lle valeu para ser elixido 'Mellor Xogador do Partido' en diversos medios especializados, Lobotka volveu ser protagonista no partido de clasificación ao Mundial ante Inglaterra en Wembley.   Aos 3 minutos … Continuación

Dobrete e asistencia de Iago Aspas coa Selección Española

  Aspas reivindícase en 'La Roja' O canteirán celeste Iago Aspas foi un dos protagonistas da contundente goleada que España endosou este martes a Liechtenstein (0-8). O de Moaña entrou no segundo tempo do partido, clasificatorio para o Mundial 2018, e xustificou a súa presenza no combinado español anotando 2 goles e asistindo de maneira … Continuación

Emre Mor xa adestra cos seus compañeiros na Madroa

Emre Mor regresou a Vigo a tempo para incorporarse ao adestramento vespertino deste mércores na Madroa. O internacional turco completou o seu primeiro adestramento baixo as ordes de Juan Carlos Unzué e reencontrouse co seu amigo Lobotka, co que coincidiu hai dúas tempadas no Nordsjaelland danés. A última fichaxe celeste presentarase ante a afección este venres … Continuación

Emre Mor xa adestra cos seus compañeiros na Madroa

  Emre Mor regresou a Vigo a tempo para incorporarse ao adestramento vespertino deste mércores na Madroa. O internacional turco completou o seu primeiro adestramento baixo as ordes de Juan Carlos Unzué e reencontrouse co seu amigo Lobotka, co que coincidiu hai dúas tempadas no Nordsjaelland danés. A última fichaxe celeste presentarase ante a afección este … Continuación