O Celta recibe ao Getafe o xoves 21 de setembro

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 5. O RC Celta recibe ao Getafe CF en Balaídos o xoves 21 de setembro ás 21:00 horas. O partido retransmitirase en directo en beIN Sports LaLiga. Consulta o calendario completo do equipo AQUÍ.  

O Celta xoga en Ipurúa o domingo 24 de setembro

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 6. O RC Celta enfróntase á SD Eibar en Ipurúa o domingo 24 de setembro ás 18:30. beIN Sports LaLiga retransmite o partido en directo. Consulta o calendario completo do equipo AQUÍ.  

O dianteiro celeste Claudio Beauvue, cedido ao CD Leganés

  O dianteiro celeste Claudio Beauvue xogará cedido no Club Deportivo Leganés a presente tempada tras o acordo alcanzado hoxe por ambos clubs e o xogador. O RC Celta deséxalle un gran éxito durante esta campaña de cesión. 

Seis celestes concéntranse dende este luns coas súas seleccións

  Un total de seis xogadores do RC Celta concéntranse dende este luns coas súas seleccións. Iago Aspas, Radoja, Pablo Hernández, Sisto e Lobotka foron chamados polos seleccionadores nacionais de cara a partidos de clasificación ao Mundial de Rusia 2018 e o canteirán Iván Villar para un amigable e un clasificatorio ao Europeo Sub-21.   … Continuación

O centrocampista Pape Cheikh xogará no Olympique de Lyon

O Real Club Celta e o Olympique de Lyon pecharon hoxe o acordo para o traspaso dos dereitos federativos do centrocampista Pape Cheikh. O canteirán chegou ao RC Celta en categoría xuvenil e disputou unha vintena de partidos co filial antes de unirse ao primeiro equipo. A pasada campaña participou en 16 encontros de Liga. … Continuación

O RC Celta inunda de talento e velocidade o seu ataque co internacional turco Emre Mor

   O RC Celta pechou co Borussia Dortmund a fichaxe dun dos xogadores novos con maior proxección no fútbol europeo, o turco Emre Mor, polivalente atacante que acaba de cumprir 20 anos de idade hai só uns días. Emre Mor, xogador zurdo, desenvólvese en toda a fronte de ataque, aínda que onde actuou con maior … Continuación

Emre Mor: “Espero dar goles, asistencias e axudar a gañar partidos”

  Emre Mor xa é celeste. O internacional turco, unha das grandes promesas do fútbol europeo, vestirá a camiseta do RC Celta por 5 tempadas. Tras selar o seu contrato na sede social do club, o mozo atacante falou por primeira vez como céltico en Celta Media: "Espero que xoguemos un bo fútbol e que … Continuación

Emre Mor presentarase oficialmente tras o seu paso pola Selección de Turquía

  Emre Mor, novo xogador do RC Celta, concentrarase desde este mércores coa Selección de Turquía. Tras asinar onte o seu contrato co club vigués na sede social de Praza España, o atacante puxo rumbo cara a Turquía para concentrarse coa selección otomá.   O combinado nacional turco afronta nos próximos días dous importantes partidos … Continuación

21, o dorsal de Emre Mor

  Emre Mor, novo xogador do RC Celta, xa sabe que dorsal levará na súa camiseta esta tempada. O internacional turco portará o número 21 na súa elástica.   Atacante polivalente, Emre Mor acaba de cumprir 20 anos. É zurdo pero desenvólvese en toda a fronte do ataque, aínda que onde actuou con maior asiduidade … Continuación

Costas renova co Celta ata 2020 e xogará cedido unha tempada no Barcelona B

O defensa David Costas será celeste ata o ano 2020 unha vez pechada a súa ampliación de contrato co Real Club Celta. O canteirán xogará esta tempada cedido no FC Barcelona B, da Segunda División, tras o acordo alcanzado co club catalán.   O Real Club Celta deséxalle o maior dos éxitos durante a súa … Continuación