O Espanyol-Celta da X4 xógase en luns

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 4, na que o RC Celta visita o campo do RCD Espanyol. Celestes e pericos mediranse o luns 18 de setembro ás 21:00 en Cornellà-El Prat, un partido que retransmitirá en aberto GOL.

Marcelo Díaz desvincúlase do Celta

  Marcelo Díaz desvincúlase do RC Celta tras o acordo alcanzado entre o futbolista chileno e o club vigués. O RC Celta quere expresar o seu agradecemento ao futbolista, tanto pola súa actitude como a súa gran profesionalidade durante o seu tempo como celeste, ademais de desexarlle o maior dos éxitos na súa nova etapa … Continuación

Álex López desvincúlase do Celta

  O RC Celta e Álex López chegaron a un acordo para a rescisión do contrato do xogador, quen xa se ha devinculado da entidade céltica.   Álex López chegou ao filial do RC Celta no verán de 2009. En apenas uns meses, o ferrolán deu o salto ao primeiro equipo da man de Eusebio … Continuación

X1. Celta-R.Sociedad: listaxe de convocados

  Juan Carlos Unzué, adestrador do primeiro equipo, convocou a 19 xogadores para a primeira xornada de LaLiga ante a Real Sociedad (hoxe, 18:15, Balaídos). A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Iván Villar, Hugo Mallo, Roncaglia, Jonny, Sergi Gómez, Cabral, Fontàs, Radoja, Lobotka, Tucu, Wass, Jozabed, Sisto, Hjulsager, Beauvue, Iago Aspas e Maxi Gómez.   … Continuación

Erros propios e un penalti inexistente condenan ao Celta no seu debut ligueiro (2-3)

O Celta comezou a súa andaina na liga 2017/18 con polémica. Un partido que, en liñas xerais, estivo dominado polos celestes e no que polo menos puntuar parecía asegurado, volveuse en contra dos celestes. Co 2-2 no marcador o colexiado sinalou penalti nunha falta cometida fose da área. A Real non desaproveitou a oportunidade para … Continuación

O debut goleador de Maxi Gómez vale un posto no 11 Ideal da Liga

  O dianteiro uruguaio Maxi Gómez foi incluído no primeiro 11 Ideal da tempada de LaLiga Fantasy, o xogo oficial de LaLiga que cada xornada elixe aos mellores futbolistas de Primeira División. O atacante celeste debutou en partido oficial co RC Celta anotando dous goles á Real Sociedad, un partido que terminaría decantándose a favor … Continuación

X2. Betis-Celta: listaxe de convocados

  Juan Carlos Unzué, adestrador do primeiro equipo, convocou a 19 xogadores para a segunda xornada da Liga ante o Real Betis (venres, 22:00, Benito Villamarín), entre eles ao canteirán Brais Méndez. A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Fontàs, Costas, Radoja, Maxi Gómez, Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Lobotka, Jozabed, Hjulsager, Wass, Jonny, … Continuación

Iago Aspas volve á Absoluta e Iván Villar estréase coa Sub-21

  Os seleccionadores nacionais da Absoulta e a Sub-21 española, Julen Lopetegui e Albert Celades, anunciaron este venres as súas convocatorias, nas que incluíron a dous xogadores e canteiráns do RC Celta.   Iago Aspas consolídase na selección de Lopetegui coa súa cuarta convocatoria consecutiva. O de Moaña foi chamado de cara aos próximos partidos … Continuación

LIGA | A previa en 10 datos: Betis-Celta

O Celta xa está en Sevilla para disputar a xornada número dous de LaLiga ante o Real Betis (22:00, TV: GOL), un duelo que pasará aos rexistros da historia celeste como o número 1.700 en Primeira División. A poucas horas do inicio do choque ligueiro, repasamos este e outros datos claves do Betis-Celta.   1. … Continuación

O Celta non pode manter a súa vantaxe e cae ante o Betis (2-1)

  O Celta non puido manter a vantaxe que obtivo na primeira parte cun tanto de Maxi Gómez e caeu 2-1 ante o Betis nun partido igualado e disputado que se decantou cun gol de estratexia no tramo final dunha segunda metade sen apenas ocasións.   Ao dez minutos, boa acción de Wass que acabou … Continuación