O Celta-Alavés da terceira xornada xógase en venres

  LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 3, na que o RC Celta recibe ao Deportivo Alavés en Balaídos. O partido ante o cadro vasco xogarase o venres 8 de setembro ás 21:00 horas. BeIN Sports LaLiga o retransmite en directo.  

O Udinese lévase o XXII Memorial Quinocho dende o punto de penalti

  O Udinese adxudicouse o XXII Memorial Quinocho tras superar ao RC Celta desde o punto de penalti tras o empate (1-1) rexistrado no encontro. Maxi Gómez marcou ao fío do descanso e De Lima empatou a falta de cinco minutos para o final na única chegada do cadro visitante. No descanso do encontro presentáronse … Continuación

Revive os mellores momentos do Celta-Udinese

  El Udinese se llevó el XXII Trofeo Memorial Quinocho en los penaltis tras empatar al filo del pitido final el tanto inicial del RC Celta, obra de Maxi Gómez. A continuación puedes disfrutar del resumen del encuentro:  

Balaídos acolle este domingo ás 19 horas a presentación do primeiro equipo ante a afección

 

A web do RC Celta emite en directo o partido ante a Roma

  O RC Celta disputa este domingo o seu último partido de preparación antes do comezo de LaLiga. Os de Unzué mídense á AS Roma, un dos clubs históricos do fútbol italiano e europeo, a partir das 19:30 no estadio de Balaídos nun encontro en cuxos prolegómenos se vivirá a presentación oficial do equipo ante … Continuación

CELTA 4-1 ROMA || O Celta namora co seu xogo na antesala da Liga

  O Celta de Unzué asinou un primeiro tempo brillante ante un rivel de máximo nivel, a AS Roma, clásico do fútbol italiano e europeo. Foi un gran partido no que destacaron Aspas e Sisto con senllos dobretes. O equipo transmite ilusión e namora co seu fútbol a unha semana do comezo da competición ligueira. … Continuación

Guidetti sufriu unha fractura de clavícula ante a Roma

  O dianteiro celeste John Guidetti tivo que retirarse do partido ante a Roma no primeiro tempo tras sufrir unha forte entrada. Os servizos médicos do RC Celta informan que o futbolista sofre unha fractura da clavícula dereita, diagnóstico que se ampliará unha vez realizada a proba radiolóxica.

Xa á venda as entradas para a primeira xornada de Liga ante a Real SociedadXa

  LaLiga regresa este sábado 19 de agosto ás 18:15 horas coa disputa da primeira xornada entre RC Celta e Real Sociedad. Balaídos acollerá este atractivo choque ante o cadro donostiarra para o que xa se puxeron as entradas á venda nos despachos de billetes do estadio vigués.   Os prezos oscilan entre os 20 … Continuación

LaLiga traslada o Celta-Alavés da J3 de venres a domingo

  LaLiga anunciou a modificación de dous partidos da xornada 3, o Leganés-Getafe e o Celta-Alavés, que estaba programado para o venres 8 de setembro. Finalmente, o choque dos celstes ante o conxunto vasco xogarase o domingo 10 de setembro ás 18:30 no estadio de Balaídos. beIN Sports LaLiga retransmite o encontro en directo.  

Guidetti, operado de xeito satisfactorio en Vithas Fátima polo doutor García Cota

  O dianteiro do RC Celta John Guidetti foi intervido hoxe de xeito satisfactorio no Hospital Vithas Fátima polo xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, de fractura da clavícula dereita que sufriu no partido ante a AS Roma disputado onte en Balaídos.   A operación transcorreu de xeito satisfactorio, segundo explicou … Continuación