O Celta xa coñece o horario da xornada 1 ante a Real Sociedad

  LaLiga anunciou este xoves os horarios correspondentes á primeira xornada da tempada 2017/18. O RC Celta enfrontarase á Real Sociedade o sábado 19 de agosto ás 18:15 horas no estadio de Balaídos, un partido que retransmitirá en directo beIN Sports LaLiga.  

O ‘stage’ de Inglaterra continúa cun amigable ante o Brentford FC

  O RC Celta trasladou a pretemporada da Madroa ao municipio inglés de Ashby-de-la-Zouch o pasado mércores, onde o intenso traballo de preparación continuou sen tregua. O equipo de Juan Carlos Unzué trasladarase este sábado a Brentford, en Londres, para afrontar o segundo compromiso amigable da pretemporada ante o Brentford FC, conxunto da segunda división … Continuación

Bo test de pretempada para o Celta en Brentford (2-1)

Bo test para o Celta en Griffin Park ante un rival uy motivado e enteiro fisicamente. Os celestes foron a máis e ofreceron fases de bo fútbol, aínda que caeron por dous tantos a un ante o combativo Brentford. O partido arrincou con moito ímpeto do conxunto local, forte no aspecto físico, ante un Celta … Continuación

Balaídos, escenario en agosto dunha gran festa para o fútbol base co partido entre RC Celta e AS Roma

  O fútbol base de Vigo vivirá en agosto unha xornada moi especial. Será o gran protagonista dun auténtico partidazo que se disputará no estadio de Balaídos entre o RC Celta e a AS Roma, subcampeón de Liga a pasada tempada. A recaudación deste encontro, que terá lugar o día 13 de agosto ás 19.30 … Continuación

O XXII Memorial Quinocho adianta a súa hora de inicio

  A hora de inicio do Trofeo Memorial Quinocho, programada nun primeiro momento para as 20:30, adiántase unha hora, ás 19:30. Esta cita tan especial para todo o celtismo, na que se homenaxea á figura de Joaquín Fernández Santomé "Quinocho", regresa o vindeiro mércores 9 de agosto a Balaídos coa celebración da vixésimo segunda edición … Continuación

O canteirán Brais Méndez adestra con normalidade

  O canteirán celeste Brais Méndez, actualmente en Inglaterra realizando a pretemporada co primeiro equipo, sufriu no partido amigable do pasado sábado ante o Brentford unha contractura no adductor esquerdo. O centrocampista recuperouse sen maior complicacións e puido continuar adestrando con normalidade.

LaLiga confirma o horario do Betis-Celta da xornada 2

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 2, na que o RC Celta visita o campo do Real Betis. Os de Unzué estrearanse fóra de casa no Benito Villamarín o venres 25 de agosto ás 22:00 horas, un partido que a canle en aberto GOL retransmitirá en directo.  

Exhibición do Celta e Jozabed no empate ante o Burnley (2-2)

  MIRA OS 4 GOLES DO PARTIDO AQUÍ   O Celta ofreceu unha sensacional imaxe ante o Burnley nun partido no que brillou Jozabed Sánchez, autor de dous fantásticos goles en apenas catro minutos. A pesar do dominio absoluto do cadro galego, os ingleses empataron o partido.   O conxunto local adiantouse no marcador ao … Continuación

Goodbye England! Este venres viaxamos a Alemaña

  Tras unha semana de intensos adestramentos e dous partidos en Inglaterra, o RC Celta traslada a concentración do equipo a Alemaña este venres. Á súa chegada ao país xermano, os celestes realizarán unha sesión vespertina, a última antes de afrontar o encontro amigable ante o Bayer Leverkusen no BayArena (sábado 5, 14:00). Tras a … Continuación

O Celta pecha a súa xira polo estranxeiro cun empate ante o Leverkusen (3-3)

  O Celta puxo punto e final á súa xira de partidos en Inglaterra e Alemaña cun empate ante un dos clásicos do fútbol alemán, o Bayer 04 Leverkusen. Os celestes arrincaron o choque fortes, póndose por diante no marcador ao seis minutos de xogo cun bo tanto de John Guidetti. O dianteiro sueco recibiu … Continuación