Dejan Drazic alternará primeiro equipo e filial esta tempada

  O atacante do RC Celta Dejan Drazic alternará o primeiro equipo e o filial ao longo da presente tempada. O xogador celeste poderá competir deste xeito tanto no Celta B como no conxunto que dirixe Juan Carlos Unzué.   O club quere expresar a súa satisfacción pola determinación e o compromiso mostrados polo futbolista … Continuación

A RFEF sortea o calendario de Liga este venres

  A RFEF comunicou este mércores que o sorteo do calendario da tempada 2017/18 de Primeira e Segunda División celebrarase o venres 21 de xullo ás 12:30 horas na Cidade Deportiva de Las Rozas. O sorteo poderá seguirse en directo a través da web da federación: www.rfef.es

Borja Fernández xogará cedido no Reus Deportiu

  O centrocampista celeste Borja Fernández xogará a campaña 2017/2018 no CF Reus Deportiu de Segunda División tras o acordo alcanzado entre o club catalán e o RC Celta para a cesión do xogador durante unha tempada. O RC Celta desexa a Fernández o maior dos éxitos nesta nova etapa da súa carreira profesional.

O centrocampista Josep Señé xogará na Cultural Leonesa

  O futbolista Josep Señé xogará na CyD Leonesa tralo acordo alcanzado entre o club leonés e o RC Celta para o traspaso dos dereitos federativos do futbolista, pechado con opción preferencial para o club celeste en futuras transferencias. O RC Celta agradece a Señé a súa actitude, entrega e profesionalidad tanto dentro como fora … Continuación

Comezamos LaLiga en Balaídos ante a Real Sociedad!

O RC Celta comezará a tempada de Primeira División en Balaídos ante a Real Sociedade, casualmente último rival dos celestes na pasada campaña. O partido, pendente de confirmación de horario, celebrarase o fin de semana do 20 de agosto. Na segunda xornada o cadro vigués debutará como visitante no campo do Real Betis.   Dous … Continuación

#ONosoDerbi: en Riazor a primeira volta e en Balaídos a segunda

A RFEF sorteou este venres o calendario da Primeira División para a tempada 2017/18, polo que xa se coñecen as datas nas que se disputarán a ida e a volta do sempre intenso e emocionante derbi de Galicia entre Deportivo da Coruña e Real Club Celta. O duelo galego disputarase primeiro no estadio de Riazor, … Continuación

Unzué: “Gústame empezar LaLiga en casa, preto da nosa xente”

"Sempre é interesante empezar coa xente preto túa, animando e facéndonos un pouquiño máis fortes", asegurou o adestrador celeste Juan Carlos Unzué tras coñecer o resultado do sorteo de Primeira División. O RC Celta iniciará a súa participación na competición ligueira en Balaídos ante a Real Sociedad, un rival que o técnico navarro considera "difícil … Continuación

Primeira listaxe de convocados de Juan Carlos Unzué

O RC Celta de Juan Carlos Unzué estréase este sábado cun triangular amigable organizado polo Racing Club de Ferrol para homenaxear á figura de Isidro Silveira, presidente do club departamental e ex xogador celeste falecido recentemente. A partir das 19:00 horas, o RC Celta medirase ao Real Sporting e a continuación o conxunto anfitrión xogará … Continuación

O Celta faise co I Trofeo Isidro Silveira

O Celta aprobou no seu primeiro compromiso de pretemporada. Os celestes disputaron xunto a Racing Club de Ferrol e Real Sporting de Gijón a primeira edición do Isidro Silveira, un triangular creado para render homenaxe ao recentemente falecido presidente departamental e ex xogador céltico. Os de Unzué venceron ao Sporting e empataron contra o Racing … Continuación

Comeza o ‘stage’ de pretempada en Inglaterra

  A pretempada do RC Celta trasládase desde este mércores a Inglaterra. Os celestes partiron rumbo á illa británica desde o Aeroporto de Vigo cara ao condado de Leicestershire, onde se concentrarán durante dez días no Hotel Champneys Health Spa. Ao equipo agárdalle unha programación intensa de adestramentos, con moitas dobres sesións, e varios partidos … Continuación