Sergio Álvarez centenario: o canteirán cumpre 100 partidos en Primeira co Celta

O porteiro celeste Sergio Álvarez sumou ante a Real Sociedade o seu partido número 100 co Celta en Primeira División. O canteirán desenvolveu toda a súa carreira no club vigués, a cuxas categorías inferiores se incorporou con dezasete anos. Tras xogar cedido unha tempada no Racing Club Ferrol, o de Catoira regresou ao Celta e … Continuación

Maxi Gómez, impoñente goleador de presente e futuro para o RC Celta

O RC Celta achega ao seu plantel presente e futuro coa incorporación para a tempada 2017/2018 do goleador uruguaio Maxi Gómez, quen, con 20 anos de idade, foi definido por diferentes analistas non só como o mellor xogador do Torneo Apertura de Uruguai, senón como o futbolista con maior proxección do país suramericano. O ariete … Continuación

Juan Carlos Unzué, adestrador do RC Celta as dúas próximas tempadas

Juan Carlos Unzué encabezará o corpo técnico do RC Celta as dúas próximas tempadas. O adestrador navarro regresa ao banquiño celeste como adestrador tras habelo ocupado como segundo técnico de Luís Enrique na campaña 2013/2014. Con el, volven ao Celta Robert Moreno, segundo adestrador, Rafel Pol, preparador físico, e Joaquín Valdés, psicólogo, todos eles integrantes … Continuación

O RC Celta da a benvida ao Manchester United e a UEFA

O restaurante Los Abetos, situado en Nigrán, acolleu esta mañá o acto de recepción do RC Celta ao Manchester United, autoridades locais e responsables de UEFA con motivo da celebración da ida de semifinais da Europa League en Balaídos. Á recepción asistiron, ademais do presidente celeste e o alcalde, o consello de administración e directores … Continuación

España cae na final do Europeo Sub-21 co céltico Jonny titular

  España terá que esperar para levantar o seu quinto Campionato Europeo. A Sub-21 caeu na final do torneo ante unha Alemaña que foi superior e á que lle bastou un solitario gol ao fío do descanso para facerse co título. O celeste Jonny Otto foi titular e disputou 51 minutos antes de ser substituído. … Continuación

Tucu e Marcelo Díaz foron titulares na final da Confederacións

A Selección Chilena de Marcelo Díaz e Tucu Hernández caeu na final de Cópaa Confederacións ante Alemaña. O combinado xermano aproveitou un erro do céltico Díaz para abrir o marcador no minuto 20 da primeira parte. Foi o único gol do partido e o que deu a Alemaña o título de campioa. Tucu disputou o … Continuación

Álvaro Lemos xogará cedido en el Lens

  Álvaro Lemos xogará a campaña 2017/2018 no Racing Club de Lens tras o acordo alcanzado entre o club francés e o RC Celta para a cesión do xogador con opción de compra. O RC Celta desexa a Lemos o maior dos éxitos na súa etapa co Lens.

Jozabed será celeste as próximas 4 tempadas

  O talentoso centrocampista Jozabed Sánchez seguirá formando parte do RC Celta. O futbolista andaluz chegou a Vigo no pasado mercado invernal procedente do Fulham en calidade de cedido. Tras o acordo alcanzado co club inglés, Jozabed incorpórase ao RC Celta en propiedade para vestir a celeste durante as próximas 4 tempadas.   Jozabed (Mairena … Continuación

A fase promocional da campaña de abonados péchase con máis de 1.300 altas novas

  O prazo para renovar ou darse de alta na tempada 2017/18 con condicións especiais finalizou este martes 4 de xullo. Tal e como adiantou o presidente Carlos Mouriño na súa mensaxe á afección, esta fase promocional da campaña de abonados pechouse con máis de 1.300 novas altas, un dato moi destacable.   A partir … Continuación

Giuseppe Rossi desvincúlase do Celta

  Giuseppe Rossi non continuará a próxima tempada no RC Celta. O club quere expresar o seu agradecemento ao xogador, tanto pola súa actitude como a súa gran profesionalidade durante o seu tempo como celeste, ademais de desexarlle unha pronta e total recuperación da súa lesión. Boa sorte Beppe!