O RC Celta non pode co Athletic en San Mamés (3-0)

O RC Celta caeu este domingo en San Mamés (3-1) e non puido certificar a permanencia. Os celestes viron o Athletic Club superáballes na primeira metade e deixaba case imposible o triunfo. Nos primeiros minutos de partido Maxi Gómez puido adiantar ao celestes pero o seu gol foi anulado por fora de xogo. Dúas accións … Continuación

Fran Escribá: “Encaixar goles en tan pouco tempo fíxonos dano”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, mostrou a súa decepción pola derrota do equipo celeste ante o Athletic Club. "Ímonos decepcionados porque non queriamos perder. Estivemos nun campo onde hai moita intensidade e non estivemos ben. Encaixar goles en tan pouco tempo fíxonos dano", apuntou o técnico. De cara ao último duelo ante o … Continuación

Horario definitivo para a última xornada: sábado ás 20:45 en Abanca Balaídos

A liga modificou os horarios da última data do campionato tras a conclusión da xornada 37. O RC Celta recibirá ao Rayo Vallecano o sábado 18 de maio ás 20:45 no estadio Abanca Balaídos, un encontro no que o conxunto galego deberá materializar unha permanencia que, a día de hoxe, é virtual. O club anunciará … Continuación

Iago Aspas, premio ao mellor xogador de LaLiga Santander en abril

Iago Aspas foi galardoado co Premio ao Mellor Xogador de LaLiga Santander en abril. O dianteiro celeste erixiuse como o gran estandarte do RC Celta con catro goles e outras tantas asistencias o pasado mes, o que lle valeu para adxudicarse esta distinción. O de Moaña impúxose na votación a Benzema (Real Madrid) e Guedes (Valencia … Continuación

Iago Aspas recibe o premio Xogador Estrella Galicia de abril

Iago Aspas recibiu esta mañá en A Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de abril. O dianteiro celeste obtivo o 60% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Lucas Olaza cun 25% dos votos e de Rubén Blanco cun 15%. O canteirán, que recibiu o galardón … Continuación

Iago Aspas: “Sempre salgo a dalo todo e máis diante da miña xente”

O dianteiro celeste Iago Aspas compareceu na sala de prensa da Madroa ante os medios de comunicación tras recibir o premio Xogador Estrella Galicia ao mellor celeste de abril, entregado pola afección do RC Celta, e coñecer que LaLiga elixiuno como o mellor futbolista do mes en Primeira División.

Iago Aspas entra na lista de España para os próximos partidos clasificatorios

Gran noticia para Iago Aspas. O seleccionador nacional Luís Enrique incluíu ao canteirán celeste na lista do combinado nacional de cara aos compromisos internacionais que a Selección Española disputará ante Islas Feroe e Suecia o próximo mes de xuño. Ambos encontros son clasificatorios para a Eurocopa 2020. Iago Aspas vive o seu mellor momento da tempada. … Continuación

Fran Escribá: “Queremos conseguir unha vitoria diante da nosa xente”

Emre Mor: ten unha molestia que non se lle acaba de ir, é unha lesión mínima, practicamente nin lesión, pero limítalle Final de liga: o corpo técnico ha sufrido dous meses e medio, pero club e afección fixérono durante 10 meses. Hai ganas de que acabe todo ben e conseguir unha vitoria diante da nosa … Continuación

O profesor Sergio examina o galego de Beltrán!

Desde a súa chegada a Vigo o pasado verán, o centrocampista Fran Beltrán esforzouse en estudar a lingua galega. Co final de tempada e coincidindo co 'Día das Letras Galegas', chega o momento de porlle a proba. Que mellor profesor que Sergio Álvarez? #DíaDasLetrasGalegas #FranBeltrán #SergioÁlvarez

O RC Celta pecha a tempada con empate (2-2)

O RC Celta empatou ante o Rayo Vallecano (2-2) no último partido de LaLiga. O equipo celeste logrou neutralizar os dous goles de vantaxe que conseguiron os vallecanos nun duelo que certificou a permanencia un ano máis en Primeira División. O primeiro tempo estivo marcada pola igualdade. Ambos equipos buscaron a portaría contraria e foron … Continuación