Un valente RC Celta paga a efectividade do Atlético de Madrid (2-0)

O RC Celta caeu ante o Atlético de Madrid (2-0) nun choque no que os de Fran Escribá dispuxeron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador. A maior pegada do cadro branquivermello decantou o resultado ao seu favor. Nos primeiros compases do partido o RC Celta espero arroupado no seu campo para saír á … Continuación

Fran Escribá: “Con máis acerto poderiamos conseguir algo”

O adestrador do RC Celta, Fran Escribá, valorou o partido dos seus ante o Atlético de Madrid. "Na primeira parte tivemos ocasións e na segunda tivemos control de xogo, pero en liñas xerais non demos a sensación dos últimos partidos", apuntou ao termo do encontro. "A sensación que me queda é que con máis acerto poderiamos … Continuación

Resumo | Atlético v RC Celta

O RC Celta caeu ante o Atlético de Madrid (2-0) nun choque no que os de Fran Escribá dispuxeron de ocasións moi claras para adiantarse no marcador. A maior pegada do cadro branquivermello decantou o resultado ao seu favor.

Os abonados xa poden reservar entradas visitantes para Leganés

O RC Celta visita o estadio de Butarque o sábado 27 de abril ás 18:30 horas para disputar a trixésimo quinta xornada de LaLiga ante o Leganés. Os abonados que estean interesados en asistir a este encontro xa poden reservar a súa entrada (ata esgotar existencias) presentando o seu carné nas billeteiras do RC Celta en ABANCA Balaídos. O custo da entrada é de 30€ e a reserva está dispoñible en exclusiva … Continuación

O centenario do RC Celta terá un estandarte da canteira: Iago Aspas

Se había unha noticia esperada, desexada... simplemente marabillosa era a continuidade, fóra de toda dúbida, do canteirán que se erixiu en referencia goleadora do fútbol español nos últimos anos. Esa noticia chegou. Iago Aspas será celeste ata o centenario do club. O dianteiro e o RC Celta pecharon hoxe a renovación do seu contrato e … Continuación

Rubén Blanco: “Puntuar nos próximos tres partidos será determinante”

O porteiro Rubén Blanco atende aos medios de comunicación na sala de prensa antes do importante partido de Liga ante o Girona (sábado, 13:00, Abanca Balaídos).

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de marzo

Este mércores entregouse en A Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de marzo, que nesta ocasión recaeu no porteiro do RC Celta Rubén Blanco. O gardameta celeste obtivo o 75% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Stanislav Lobotka cun 15% dos votos e … Continuación

Iago Aspas: “Este é o meu club, estou na miña casa”

O dianteiro celeste Iago Aspas fala en exclusiva con Celta Media tras selar a súa renovación co RC Celta ata 2023, ano do centenario do club vigués.

Chocolatada, recibimento e bandeiras no episodio máis decisivo de ‘A Nosa Reconquista’

A unión entre equipo e afección demostrou a súa forza en incontables ocasións. Sempre con maior intensidade cando máis alto era o obstáculo, sempre con maior firmeza cando máis difícil era o reto. O RC Celta afronta este sábado un novo capítulo de 'A Nosa Reconquista', o terceiro en ABANCA Balaídos, o máis determinante de … Continuación

Fran Escribá. “O do Girona é un partido importantísimo”

Renovación de Iago Aspas: fantástica noticia para o club, para o corpo técnico e plantel e para toda a afección. Girona: é un partido importantísimo pero temos claro que ocorra o que ocorra non será definitivo. Entramos nunha semana con tres encontros e confiamos en facer un bo partido na casa. Perigo: a maioría de … Continuación