Boudebouz: “Con ganas e xuntos, temos que saír adiante”

O atacante celeste Ryad Boudebouz fala con Celta Media sobre a situación actual do equipo e a súa chegada ao club vigués

A afección do RC Celta esgota as entradas para o partido ante o Villarreal

Os afeccionados do RC Celta envorcáronse co primeiro equipo de cara ao transcendental partido do próximo sábado ante o Villarreal e esgotaron todas as entradas e invitacións dispoñibles. Para este encontro, cada abonado do club podía retirar unha invitación gratuíta e, ademais, puxéronse á venda boletos cun prezo reducido. A maiores, o club liberou o … Continuación

O RC Celta xa coñece os horarios dos seus partidos ante Girona e Espanyol

LaLiga comunicou os horarios correspondentes ás xornadas 33 e 34 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase a Girona e Espanyol respectivamente. Os celestes recibirán ao conxunto branquivermello o sábado 20 de abril ás 13:00 horas e visitarán ao equipo barcelonés o mércores 24 de abril ás 20.30 horas. BeIN Sports LaLiga retransmitirá os encontros en directo.

Así lles foi aos xogadores internacionais do RC Celta

O seis xogadores do RC Celta concentrados coas súas seleccións xa disputaron todos os partidos internacionais correspondentes ao parón internacional do mes de marzo. Maxi Gómez Uruguai 3-0 Uzbequistán (China): 22/03/2019. Amigable. Disputou 7 minutos. Uruguai 4-0 Taliandia (China) 25/03/2019. Amigable. Disputou 28 minutos e anotou o seu primeiro gol coa selección charrúa. Okay Yokuslu … Continuación

David Costas: “Estamos mentalizados. É o partido máis importante da tempada”

O canteirán e central celeste David Costas atende aos medios de comunicación antes do vital partido de Liga ante o Villarreal, para o que se colgou o cartaz de entradas esgotadas (sábado, 18:30, Abanca Balaídos).

Iago Aspas recibe a alta médica

Excelentes noticias na enfermaría do RC Celta. O dianteiro Iago Aspas recibiu este xoves a alta médica tras caer lesionado o pasado 16 de febreiro durante o quecemento do partido ante o Levante. O canteirán celeste e máximo goleador do equipo en LaLiga estará a disposición do adestrador Fran Escribá para o vital partido contra o … Continuación

Iago Aspas, Hugo Mallo e #ANosaReconquista

#ANosaReconquista comezou un 6 de xuño de 2009. A do sábado é unha batalla máis no noso camiño. Renderse nunca será unha opción, porque baixar os brazos non está no noso ADN. Unión e sacrificio. Aspas e Mallo falan desde o corazón.

Fran Escribá: “Temos que ser un equipo intenso desde o minuto un”

Convocatoria: temos mañá unha activación antes de ir ao hotel Araujo: a nivel de volta está fenomenal decidimos que fixese un adestramento máis curto. Está para xogar Aspas: está en perfectas condicións e está para xogar. Lateral esquerdo: dixen que as dúas opcións eran Lucas e Kevin e seguen sendo as mesmas Mentalidade: eu véxoos … Continuación

O RC Celta xa coñece o horario do seu partido ante o Leganés

LaLiga comunicou os horarios correspondentes á xornada 35 de LaLiga, na que o RC Celta enfrontarase ao Leganés. Os celestes visitarán ao conxunto madrileño o sábado 27 de abril a as 18:30 horas. BeIN Sports LaLiga retransmitirá o encontro en directo.

RC Celta – Vilarreal CF: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Fran Escribá, convocou a vinteun xogadores para o partido da vixésimo novena xornada de LaLiga, na que o RC Celta recibe ao Vilarreal (sábado, 18:30, Abanca Balaídos). A listaxe completa fórmana: Sergio, Hugo Mallo, Costas, Okay Yokuslu, Emre Mor, Fran Beltrán, Maxi Gómez, Iago Aspas, Pione Sisto, Hoedt, Rubén, Lobotka, … Continuación