O porteiro celeste Rubén Blanco, cedido esta tempada ao Olympique de Marsella

O RC Celta e o Olympique de Marsella pecharon hoxe un acordo para a cesión durante a presente tempada do porteiro Rubén Blanco, canteirán celeste que hai uns días selou a súa renovación no conxunto vigués ata o ano 2027. O club quere desexarlle a Rubén un gran éxito durante a campaña 2022/23 no histórico … Continuación

O central internacional Unai Núñez, cuarto reforzo para o RC Celta

O RC Celta fortalece a parcela central da súa defensa coa incorporación dun futbolista internacional e de contrastada experiencia. Unai Núñez, procedente do Athletic Club, converteuse na cuarta fichaxe do cadro vigués para a ilusionante tempada 2022/2023. O central, de 25 anos e 1,86 metros de altura, acumula xa 116 partidos en Primeira División e … Continuación

RC Celta e Athletic Club alcanzan un principio de acordo para a cesión de Unai Núñez

RC Celta e Athletic Club alcanzaron un principio de acordo para a cesión do central  Unai Núñez para a tempada 2022/23. A cesión poderá ser prorrogada para a tempada 2023/24 e no caso de que isto suceda haberá unha opción de compra obrigatoria para o RC Celta.

O RC Celta estréase na súa histórica xira cun meritorio empate ante Pumas

A histórica xira de pretempada do RC Celta deparou onte á noite en México unha esixente estrea. O cadro vigués mediuse a Pumas no Estadio Olímpico Universitario, en altura, baixo unha intensa choiva, sen a súa habitual pel, ante un rival rodado e xa inmerso na súa liga. E o equipo celeste competiu, buscou aproximarse … Continuación

Lista de convocados do RC Celta para o partido ante Pumas

O RC Celta inicia hoxe a súa viaxe a México, onde o vindeiro mércores se mide a Pumas no Estadio Olímpico Universitario. A lista de convocados polo técnico Chacho Coudet para este encontro é a seguinte: Rubén, Iván Villar, Ruly, Hugo Mallo, Kevin, Javi Galán, Carlos Domínguez, Sergio Carreira, Tapia, Fran Beltrán, Luca de La … Continuación

A medular celeste recibe o talento de Óscar Rodríguez

Chega o segundo reforzo da tempada para un RC Celta que acumula intensas sesións de traballo na súa primeira semana de pretemporada. Centrocampista ofensivo, internacional absoluto, de gran calidade e formidable golpeo de balón, con experiencia en LaLiga a pesar da súa mocidade e unha gran proxección: Óscar Rodríguez, procedente do Sevilla, incorpórase, cedido cunha … Continuación

O capitán celeste Hugo Mallo recibe a alta médica

Gratificantes novidades no parte médico. O capitán celeste Hugo Mallo completou con normalidade a sesión preparatoria matutina e recibiu a alta médica. O canteirán superou por fin por completo a lesión que sufriu o pasado 20 de marzo nun partido ante o Betis, unha fractura lonxitudinal na rótula do seu xeonllo dereito. Pola súa banda, … Continuación

Primeira renovación da tempada: o canteirán Rubén, celeste ata 2027

O canteirán Rubén Blanco amplía o seu vínculo co RC Celta, club ao que chegou sendo un neno, en primeiro ano de categoría infantil. O porteiro mosense protagoniza a primeira renovación da tempada tras ampliar o seu contrato até xuño de 2027. Rubén Blanco debutou en partido oficial co primeiro equipo o 26 de maio … Continuación

‘Un dos nosos’, Brais Méndez, emprende unha nova etapa deportiva

RC Celta e Real Sociedad pecharon o traspaso do centrocampista Brais Méndez, canteirán celeste que acumula cinco tempadas no primeiro equipo cun comportamiento exemplar e un rendemento extraordinario. Brais debutou en Primeira División, con Juan Carlos Unzué no banco e 20 anos de idade, o 21 de setembro do 2017 ante o Getafe e esa … Continuación

A Clínica do RC Celta acolle test e probas medicas aos xogadores celestes no inicio da pretempada

A Clínica do RC Celta na Sede marcou esta mañá o arranque da pretempada do equipo celeste cos habituais test e probas médicas que preceden ao inicio do traballo nos campos de adestramento de Afouteza. Os xogadores celestes foron sometidos na Clínica RC Celta a unha completa analítica de sangue e ouriños e a diversas … Continuación