O RC Celta potencia a saúde dos seus xogadores co equipo de nutricionistas da Clínica RC Celta

Unha alimentación correcta, individualizada e medida até o mínimo detalle mellora a saúde e a eficacia deportiva. Por todo iso o RC Celta deu un paso importante esta tempada para controlar e potenciar o apartado nutricional do primeiro equipo. Desde o comezo da pretemporada, no mes de agosto, as nutricionistas da Clínica RC Celta, lideradas … Continuación

Gañadores da porra Elche-Celta

Elche CF – RC Celta Ganador camiseta segundo uniforme: Diego Rodríguez Pérez. Ganador máscara RC Celta: Fernando Alonso Davila.

O RC Celta, presente na saída de etapa da Volta en Mos

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, estivo presente este xoves en Mos con motivo da saída de etapa da Volta Ciclista a España no municipio. Mouriño participou, xunto á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o director da Volta, Javier Guillén; e outras autoridades nos actos previos á saída da carreira. Ademais, o presidente celeste … Continuación

Minuto de silencio antes do partido ante a Real Sociedad

Antes do partido de LaLiga ante a Real Sociedad, o vindeiro domingo 1 de novembro ás 16.00 horas en ABANCA Balaídos, gardarase un minuto de silencio en memoria de Rodrigo Arbones, expresidente do RC Celta na tempada 1979/80. Descanse en paz.

O Celta B-Racing de Ferrol disputarase a porta pechada

O RC Celta, dada a actual situación da pandemia e as últimas medidas adoptadas polas autoridades sanitarias, non abrirá ao público o campo de Barreiro no partido deste domingo entre Celta B e Racing de Ferrol. Trátase dunha decisión difícil, pero tomada desde a responsabilidade que require a actual situación da crise sanitaria. O club … Continuación

Loito no RC Celta polo falecemento de Rodrigo Arbones

Loito na familia celeste polo falecemento nas últimas horas de Rodrigo Arbones, presidente do RC Celta en 1979. O club quere expresar o seu pesar e consternación por esta perda e enviarlle o seu máis sincero pésame, agarimo e ánimo á súa familia e achegados. DEP.

A afección do RC Celta poderá poxar polas camisetas que utilicen os xogadores ante o Atlético

Los aficionados del RC Celta podrán volver a disfrutar esta semana de una iniciativa que gozó de notable éxito en este inicio de temporada. Los seguidores celestes tendrán de nuevo la posibilidad de pujar en directo por las camisetas usadas por los jugadores durante el partido ante el Atlético de Madrid en el estadio Abanca … Continuación

Globalia Meetings & Events xestionará as viaxes do RC Celta

O RC Celta e Halcón viaxes asinaron un acordo de colaboración que a converte na axencia de viaxes oficial do club, a través da súa división especializada Globalia Meetings & Events. O acordo terá unha duración de até tres anos e inclúe servizos de transporte e aloxamento para os xogadores do primeiro equipo e staff … Continuación

Nova web con máis información e servizos para abonados e afeccionados

O RC Celta estrea unha nova páxina web cun deseño renovado e moderno, novos servizos e un aumento considerable en contidos e información para os afeccionados. A web celeste ofrece numerosas novidades, pero entre elas destaca un panel privado destinado ao celtismo. Neste apartado, para cuxo acceso será necesario rexistro, poderase consultar información relativa a … Continuación

RAW, novo patrocinador e bebida isotónica oficial do RC Celta

O RC Celta e RAW a primeira Bebida Isotónica BIO, selaron un acordo de colaboración que converte á firma en patrocinador e provedor oficial como “bebida isotónica oficial” do club. O acordo terá unha duración de dous anos, e inclúe produto para os xogadores do primeiro equipo e resto de categorías, así como publicidade en … Continuación