Un celtista da peña Baixo Miño participou na inauguración da Cidade Deportiva Afouteza

Ricardo Gómez Sobrino, membro da Peña Celtista Baixo Miño, foi un dos afortunados que puido asistir á inauguración da nova cidade deportiva do RC Celta e coñecer as instalacións. O club puxo en marcha durante esta tempada unha campaña aberta a todos os afeccionados para elixir un nome para a nova cidade deportiva. Ricardo participou … Continuación

Gran ritmo na tramitación de carnés co regreso de público a Abanca Balaídos no horizonte

Cando aínda queda un mes para a finalización da campaña de abonados e albíscase por fin o regreso de afeccionados aos estadios, son xa máis de 5.000 os carnés tramitados polo RC Celta para a presente tempada. A campaña, baixo a lema ‘Sempre Celta’ arrincou hai unhas semanas cunhas condicións vantaxosas en comparación co resto … Continuación

Barreiro acollerá a 300 abonados este domingo ante a SD Compostela

O Celta B recibe este domingo en Barreiro á SD Compostela, ás 12.00 horas, na sétima xornada do presente campionato. Seguindo os protocolos sanitarios correspondentes adecuados á capacidade de Barreiro e tras a última autorización da Xunta de Galicia*, o RC Celta dará acceso a un total de 300 abonados cumprindo as directrices marcadas polas … Continuación

Gañadores das porras fronte ao Sevilla FC e Granada CF

Os gañadores das últimas porras de goleadores realizadas nas redes sociais, dos partidos fronte ao Sevilla FC e ao Granada CF, son:   Sevilla FC – RC Celta Gañador camiseta segundo equipamento: Javier Pérez Piñeiro.   Granada CF – RC Celta Camiseta primeiro equipamento: sen acertantes. Gañadora máscara RC Celta: Noemi Lorenzo Castro.

A ‘luz celeste’ da fin de semana instálase esta tarde en A Sede

Fin de semana de gran alegría para o celtismo, que viviu intensos momentos de satisfacción coa inauguración da Cidade Deportiva Afouteza e as vitorias do primeiro equipo e do filial, ambas extremadamente valiosas. O RC Celta dálle hoxe continuidade a este brillante fin de semana cunha xa tradicional iniciativa que recolle e estende esa alegría … Continuación

O soño faise realidade: o RC Celta inaugura a Cidade Deportiva Afouteza

Día histórico para o celtismo e o RC Celta, que 97 anos despois do seu nacemento dispón dunha cidade deportiva propia, moderna, funcional, sustentable e integrada co medio ambiente. O Real Club Celta inaugurou este sábado a primeira fase do proxecto da Cidade Deportiva Afouteza nun acto sinxelo no que primaron as medidas de seguridade … Continuación

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza

O RC Celta inaugura este sábado a Cidade Deportiva Afouteza nun sinxelo acto e cumprindo todas as medidas de seguridade. Os afeccionados poderán seguir o evento a partir das 14.00 horas na canle oficial de Celta Media en youtube e coñecer as instalacións nas que leva adestrando o primeiro equipo os últimos días.

O RC Celta atendeu este xoves a numerosos abonados en Abanca Balaídos

O RC Celta atendeu onte a numerosos abonados maiores de 65 anos en Abanca Balaídos co fin de ofrecerlles axuda para renovar o seu carné. Respectando en todo momento as medidas de seguridade establecidas, os abonados puideron tramitar a domiciliación do seu abono, liquidar incidencias ou resolver dúbidas relacionadas coa campaña de abonados ‘Sempre Celta’. … Continuación

GALERÍA | Así é a nova cidade deportiva do RC Celta

O RC Celta, co Granada no foco, estrea con emoción e ilusión a Cidade Deportiva Afouteza

A emoción e a satisfacción marcaron unha xornada histórica. O primeiro equipo do RC Celta completou esta tarde o seu primeiro adestramento na Cidade Deportiva Afouteza, que este sábado vivirá a súa inauguración oficial. Os xogadores celestes exercitáronse, con tanta intensidade como ilusión, co importante partido do domingo ante o Granada no foco. Céspede magnífico, … Continuación