A Cidade Deportiva Afouteza acolleu esta tarde a presentación da vixésima etapa da Volta Ciclista a España 2021, que transcorrerá entre Sanxenxo e Mos, con final no Castro de Herville, e terá un percorrido de 173.6 km. Ao acto, desenvolvido nunha das dependencias interiores de Afouteza, asistiron, entre outras personalidades, o presidente do RC Celta, … Continuación
Comer o que necesitas. Saudable, con ingredientes de proximidade e, sobre todo, co mellor sabor. Elaborado por chefs formados na alta cociña e servido no domicilio cun custo máximo de 12,95 euros. Esta é a proposta do Menú RC Celta que desde hoxe poden gozar todos os habitantes de Vigo. O club quere agradecer … Continuación
Os hubs de innovación Valencia CF Innovation Hub, RS-Konekta Real Sociedad, Celta Lab 1923 e HUB23 emprenden unha colaboración organizando conxuntamente unhas conferencias online co obxecto de debater e explorar as tecnoloxías presentes e futuras que acontecen no mundo do deporte e no fútbol en particular. O sportstech (deporte e tecnoloxía) está cada vez máis … Continuación
A Asociación PVLSE Vigo LGTBIQ, ONG que traballa en defensa dos dereitos de todas as persoas LGTBIQ e da protección e difusión da historia e cultura do colectivo, e o Observatorio contra a LGTBIQfobia Julio e Al Dani da provincia de Pontevedra decidiron outorgar un recoñecemento ao RC Celta e a súa Fundación polo Día … Continuación
Seguimos crecendo no terreo dixital! O RC Celta supera os 1,5 millóns de seguidores no total das súas redes sociais. Se hai pouco recolliamos unha estatística que nos situaba como o mellor equipo de Primeira División en índice de engagement medio, o bo momento tamén se estende ao crecemento de followers. Twitter, Facebook, Instagram, … Continuación