O RC Celta inicia a rexeneración do céspede de Abanca Balaídos

O club iniciou esta semana a rexeneración do terreo de xogo de Abanca Balaídos, un proceso habitual ao termo da tempada e que permite combater o desenvolvemento da mala herba común. O proceso de substitución comezou retirando o tapete a unha profundidade de 1,5 centímetros para, posteriormente, realizar a seméntaa do novo céspede. Esta medida … Continuación

O RC Celta robustece a súa parcela deportiva coa renovación de Felipe Miñambres

O club dálle estabilidade ao proxecto coa continuidade unha tempada mais do máximo responsable da área

Sergio colga as luvas no corazón do celtismo

Chegou o día. O gato de Catoira, Sergio Álvarez, anunciou esta tarde a súa retirada do fútbol nun emotivo acto no que estivo arroupado por xogadores, amigos, familiares, dirixentes, arroupado polo fútbol, ao que tantas cousas deu, pola familia celeste, á que sempre pertencerá. Sergio deixa unha pegada imborrable polos seus despexes e as súas … Continuación

Gran recoñecemento á Cidade Deportiva Afouteza: finalista da Bienal Española de Arquitectura

A Cidade Deportiva do RC Celta recibe un prestixioso recoñecemento, esta vez a nivel nacional, como actuación innovadora, respetuosa co medioambiente e de marcada calidade. Afouteza foi elixida finalista na Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) dos últimos tres anos. De entre as 600 propostas presentadas, 70, entre elas a cidade deportiva celeste, alcanzaron … Continuación

Renato Tapia, premio Estrella Galicia ao mellor xogador de abril

Renato Tapia recibiu este mércores na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de abril polas súas destacadas actuacións. O centrocampista peruano obtivo o 37% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 35% dos votos e de Brais Méndez cun … Continuación

O RC Celta conmemora o Día das Letras Galegas dándolle as costas

A celebración do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Xela Arias, coincide coa visita do RC Celta a un dos campos máis emblemáticos de Europa. No Camp Nou, o club escribirá a última páxina dunha orixinal conmemoración que se desenvolveu ao longo dos últimos días. Os xogadores celestes realizarán o quecemento … Continuación

ORGULLO | O RC Celta, equipo das grandes ligas de Europa con maior participación de canteiráns

A presenza de canteiráns no RC Celta é cuantiosa, habitual e cun peso cualitativo considerable. Para o celtismo, que coñece á perfección e valora a filosofía do club, é unha certeza desde fai anos. E para o resto de Europa xa o é tamén. O CIES Football Observatory fixo público hoxe un detallado e elaborado … Continuación

O presidente do RC Celta analizou en profundidade ante os medios a actualidade do club

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, analizou esta mañá no Salón Regio da A Sede a actualidade do club celeste nunha longa e completa comparecencia ante os medios. Podes ver a rolda de prensa completa aquí:

O presidente repasa a actualidade do club este venres en directo en Celta Media

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, protagonizará este venres desde o Salón Rexio de A Sede un dos seus habituais repasos á actualidade do club. O encontro do presidente cos medios de comunicación terá lugar as 12.00 horas e  poderá seguirse de maneira online en directo por Celta Media a través da canle oficial … Continuación

O RC Celta e a súa afección viven un fin de semana inesquecible; primeiro equipo e filial fan historia