Apertura das votacións para o XII Trofeo Manuel de Castro “Hándicap” by Estrella Galicia

O RC Celta anuncia a próxima apertura das votacións para o XII Trofeo Manuel de Castro “Hándicap” by Estrella Galicia, un premio creado orixinalmente polas páxinas web Moiceleste e El Fútbol es Celeste, xunto á Peña Celtista Siareiros.net. e que nesta 12ª edición lánzase desde o club. O trofeo, creado en honra do falecido xornalista … Continuación

Carlos Mouriño na Tribuna Círculo: “O Celta vai transformar a industria do deporte con Galicia Sports 360”

Carlos Mouriño, presidente do Real Club Celta e do Grupo Corporativo GES, foi o invitado do Almorzo Tribuna organizado hoxe polo Círculo de Empresarios de Galicia, impartindo unha conferencia co título ‘Galicia Sports 360. A plataforma do R.C. Celta para a innovación e o deporte galego’. O empresario foi presentado polo presidente do Círculo, Manuel … Continuación

Emoción e paixón: a presentación de ‘Informe Plus+ | Iago Aspas, corazón celeste’ cativa ao RC Celta

Con gran interese e as expectativas sobradamente superadas, o RC Celta viviu esta tarde na Sede Afundación Vigo a première de 'Informe Plus+ | Iago Aspas, corazón celeste', unha apaixonante reportaxe que Movistar Plus estreará este xoves na súa plataforma de televisión. Á estrea exclusiva deste emotivo e intenso documento acudiron o presidente do RC … Continuación

Abanca Balaídos rende homenaxe a JRA10 tras a súa histórica tempada

A afección celeste brindou unha merecida homenaxe a JRA10 tras a súa brillante tempada 2021/2022. Abanca Balaídos recibiu con aplausos ao noso xogador da sección de eSports que a pasada campaña cultivou subcampeonato de eLaLiga 21/22, clasificación á Mundial vía play-off e top-16 do mundo, ademais de ser o primeiro español en chegar a eliminatorias … Continuación

JRA10 e o RC Celta fan historia en Copenhague

Javier Romero, JRA10, xogador de eSports do RC Celta e do club Falcons, selou de maneira brillante o seu pase á fase final do Mundial de FIFA 22 que se está disputando en Copenhague e situouse entre os 16 mellores do mundo, sendo o primeiro xogador español en conseguilo. Alcanzou este histórico fito tras superar … Continuación

Aumenta a comunidade dixital coa creación dun novo perfil oficial en Snapchat

A cor celeste está cada vez máis presente, chegando a todos os rincóns do mundo e medrando no ecosistema dixital. O RC Celta roza os dous millóns de seguidores no total das súas redes sociais. Twitter, Facebook, Instagram, TikTok, Weibo, YouTube… e agora Snapchat. Unha aplicación para smartphones con soporte multimedia de imaxe, vídeo e … Continuación

A campaña de abonados máis ambiciosa do RC Celta chega cunha clara proposta ao celtismo: “Fagamos historia”

O RC Celta escoitou durante os últimos meses aos seus abonados, as súas suxerencias, inquietudes e propostas. Deste diálogo continuado e cun gran esforzo por parte do club, nace a campaña de abonados da tempada 2022/2023, que recolle as ilusións e soños dun dos fundadores do RC Celta, Manuel de Castro ‘ Hándicap’, e faille … Continuación

O RC Celta busca o seu primeiro romance de verán en terras mexicanas

O RC Celta embárcase este verán nunha travesía alén do charco. Tras o amigable de pretemporada xa anunciado no PayPal Park, o barco celeste atracará previamente en México. Esta vez para enfrontarse aos Pumas de México. Os mexicanos serán os próximos en catar o furacán galego. Farano o 13 de xullo con hora por confirmar … Continuación

O RC Celta confirma que traballa con Luís Campos como asesor externo da área deportiva

O RC Celta confirma que Luís Campos (Esposende, 1964) leva meses traballando no club como asesor externo da área deportiva xunto a Juan Carlos Calero (Albacete, 1976) en papel de coordinador do primeiro equipo. A vontade de ambas as partes é que a relación se estenda no tempo por moitos anos máis.

Dixitalización, innovación e deporte, os tres eixos motores de Galicia Sportech Congress

Galicia Sportech Congress arrinca a súa segunda edición con máis de 60 relatores de empresas líderes en transformación dixital, entidades como Amazon ou Teléfonica, Clubs de fútbol, deportistas de elite como Antonio Serrat e Federacións de diferentes disciplinas. O congreso, que mantén un formato híbrido, deu o pistoletazo de saída o luns 13 reunindo nunha … Continuación