Comunicado do RC Celta

A última hora desta a tarde, o Concello de Vigo comunicoulle ao RC Celta que, por motivos de seguridade relacionados coa cuberta, a Bancada de Río, tanto Alto como Baixo, non se pode abrir ao público, polo que permanecerá pechada para o partido deste domingo ante o Atlético de Madrid. O RC Celta, totalmente alleo … Continuación

Homenaxe aos heroes que combatiron a vaga de incendios

O estadio de Balaídos vivirá este domingo ante o Atlético de Madrid un momento moi especial para Vigo e Galicia. O RC Celta renderá homenaxe ás vítimas e a todos os colectivos e cidadáns implicados na loita contra os devastadores incendios que abordelaron a comarca viguesa días atrás, A súa solidariedade e heroicidade son motivo … Continuación

Comunicado do RC Celta sobre os incendios en Galicia

  O RC Celta lamenta, repudia e condena a vaga de incendios que asola nas últimas horas a comarca de Vigo e outros puntos de Galicia e que está causando un dano irreparable na nosa terra. O club quere transmitirlle o seu pesar e enviarlle todo o seu agarimo aos familiares e amigos das vítimas … Continuación

O espírito celtista viaxa a Roma coa Coral Casablanca

kWidget.embed({ “targetId”: “kaltura_player_1507910584”, “wid”: “_3001118”, “uiconf_id”: 30023330, “flashvars”: { “streamerType”: “hds” }, “cache_st”: 1507910584, “entry_id”: “0_katm28ve” });

O espírito celtista viaxa a Roma da man da Coral Casablanca

kWidget.embed({ “targetId”: “kaltura_player_1507910584”, “wid”: “_3001118”, “uiconf_id”: 30023330, “flashvars”: { “streamerType”: “hds” }, “cache_st”: 1507910584, “entry_id”: “0_katm28ve” });

Balaídos gardará un minuto de silencio por Tucho de la Torre

  Antes do comezo do partido deste xoves ante o Getafe CF gardarase un minuto de silencio en memoria de Antonio "Tucho" de la Torre Muñoz, xogador do RC Celta entre os anos 1958 e 1960, falecido recentemente. O club desexa expresar os seus máis sinceras condolencias e enviar todo o seu ánimo e agarimo … Continuación

O Celta desenvolve un completo plan de mellora na bancada de Tribuna

O RC Celta desenvolveu para as bancadas de Tribuna Alta e Baixa un plan de mellora na liña do que realizou na zona de vestiarios co obxectivo de enriquecer a experiencia de abonados e afeccionados no Estadio de Balaídos. Cun traballo intensivo nos últimos días, o club mellora de maneira notable os accesos e o … Continuación

Comeza unha nova etapa para Celta Media

  O RC Celta quere expresar a súa gratitude a Gonzo e á súa produtora polo traballo desenvolvido no último ano e medio na consolidación de Celta Media, un proxecto construído polo club e que seguirá sendo un referente na comunicación co celtismo. O RC Celta valora o gran esforzo realizado por todos os integrantes … Continuación

O RC Celta e a súa Fundación reciben a unha expedición da prestixiosa Raha International School

  O RC Celta e a súa Fundación dan un novo paso adiante no establecemento de relacións tendentes a potenciar a súa presenza internacional coa chegada a Vigo dunha ampla expedición do prestixioso centro Raha International School de Abu Dabi. Un total de 28 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos de idade … Continuación

Loito na familia celeste polo falecemento do ex delegado do Celta Bosco Julio Mallada

  Loito no RC Celta polo falecemento do que fose delegado de campo do Celta Bosco Julio Mallada, figura inesquecible do baloncesto feminino galego e español.   O club quere expresar o seu pesar por esta perda e trasladar á súa familia e amigos o seu máis sentido pésame.