A empresa Time To Do non continúa prestando servizos na área de comunicación do RC Celta

 

O RC Celta impulsa a súa área social coa incorporación de David González

  No seu empeño por mellorar a súa relación cos abonados e aumentar o seu grao de satisfacción, obxectivo estratéxico do club, o RC Celta dálle un novo impulso á súa área social coa incorporación de David González, quen conta cunha longa experiencia na relación cos abonados e na posta en marcha de eventos e … Continuación

Os dez abonados que viaxarán á Audiencia privada co Papa Francisco ao Vaticano

Máis de mil abonados, cun mínimo de dez anos de antigüidade, inscribíronse o pasado mes de febreiro para formar parte da expedición do RC Celta á audiencia privada co Papa Francisco no Vaticano. O Santo Padre recibirá a visita privada celtista, co noso presidente Carlos Mouriño á cabeza, con motivo do Centenario celeste con. Desta … Continuación

O RC Celta, exemplo en LaLiga Santander en Responsabilidade Social Corporativa: “O seu modelo é un éxito para seguir”

Compromiso de bo goberno, sustentabilidade e enfoque social como ferramenta clave no crecemento do fútbol profesional. Valores de presente e futuro na liña de evolución nacional e internacional do RC Celta. Javier Tebas, presidente de LaLiga Santander, acompañado do noso presidente, Carlos Mouriño, visitou a Cidade Deportiva Afouteza para poñer de manifesto o liderado do … Continuación

O RC Celta recibe a Placa de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo, a máxima distinción do deporte en España

O Consello Superior de Deportes (CSD) concedeu ao Real Club Celta a Placa de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo, segundo comunicouse oficialmente a través dunha Resolución do Ministerio de Cultura e Deporte feita pública no Boletín Oficial do Estado (BOE). Trátase da máxima distinción que outorga o deporte en España, que o club … Continuación

O Real Club Celta e Augusto Solari finalizan a súa relación contractual

O RC Celta e Augusto Solari separan os seus camiños despois de dúas tempadas e media. Solari, que chegou á entidade en xaneiro de 2021, disputou un total de 55 partidos coa nosa camiseta, anotando 3 goles, e amosando unha grandísima profesionalidade e entrega en todo momento. Desde o RC Celta desexamos a Augusto toda … Continuación

Gabri Veiga, ‘Premio Estrela Galicia’ da tempada ao gañar catro veces o galardón

Gabri Veiga é o xogador ‘Estrela Galicia’ da tempada ao conseguir catro veces este galardón. O futbolista de Porriño foi o máis votado pola afección do RC Celta tras un ano onde guio o xogo ofensivo dos celestes. O 24 pecha unha tempada para o recordo co galardón máis prestixioso de ‘Estrela Galicia’. Gabri Veiga … Continuación

A estratexia de internacionalización do RC Celta alcanza os 6 millóns de seguidores nas súas redes sociais

O RC Celta alcanza os 6 millóns de seguidores no global das súas redes sociais. Uns datos que premian a estratexia de internacionalización do club cun crecemento mensual continuado e verificado por Blinkfire, a plataforma de medición de uso de LaLiga Santander. Unha expansión global iniciada na pasada xira de pretemporada realizada por Estados Unidos … Continuación

Gabri Veiga suma o seu cuarto ‘Premio Estrella Galicia’: “É un soño gañar un premio que conseguiron os meus ídolos”

Un mes de traballo e entrega recoñecido pola afección do RC Celta. Gabri Veiga é o gañador do Premio Estrela Galicia ao mellor Xogador do Mes, neste caso de xaneiro. O de Porriño suma o seu cuarto galardón esta tempada. O canteirán avantaxou na votación final a Iago Aspas e Strand Larsen. Gabri sobresaíu no … Continuación

O RC Celta, presente nas exitosas II Xornadas de LaLiga Impulso coa profesionalización como clave de futuro

O RC Celta asistiu por segundo ano consecutivo ás sesións de marca, comunicación, estratexia dixital e desenvolvemento de negocio, infraestruturas e tecnoloxía celebradas por LaLiga en Port Aventura World dentro do Plan Impulso. Unha nutrida representación de directivos do club acudiu a estas xornadas que serven para evidenciar, por encima de todo, que o acordo … Continuación